Vostede está aquí

Setembro 2022

Asociación de Veciños Oza, A Gaiteira e Os Castros organiza o próximo luns 26 de setembro  ás 19:00 h. temos na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano un obradoiro  que correrá a cargo de Vanessa Vadiglesias García, experta en toxicoloxía xenética e nanotecnoloxía e investigadora da UDC, que falará dos mitos na investigación das biólogas españolas e en concreto da investigación en toxicoloxía xenética.

A Asociación de veciños Oza Gaiteira Os Castros presenta o calendario de obradoiros de divulgación científica do proxecto Mulleres na Rúa

Este proxecto de igualdade está a desenvolverse ao longo deste ano 2022 grazas ao cofinanciamento do Concello da Coruña

 

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros está a desenvolver diferentes proxectos para mellorar a calidade de vida do barrio, a través do traballo colectivo, tratando de manter unha posición aberta para o debate crítico e construtivo co fin de comprender e mellorar a realidade do barrio. É por iso que este ano está a desenvolver o proxecto de igualdade Mulleres na Rúa para visibilizar ás mulleres científicas e concienciar sobre a necesidade de traballar xuntos para acadar a igualdade.