Vostede está aquí

Demandas

Agruparanse todalas demandas que a Asociación ten en curso ou que vai poñer en coñecemento das autoridades pertinentes.

Arrincando arbores a eito, outros ven como se lles vai mellorar a mobilidade favorecendo os desprazamentos a pé

Dende a asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros queremos criticar unha vez máis o trato discriminatorio que estamos a recibir algúns barrios desta cidade, mentres no noso barrio se prioriza a circulación dos coches, arrincando arbores a eito, outros ven como se lles vai mellorar a mobilidade favorecendo os desprazamentos a pé.

Queremos denunciar a situación do solar sito na rúa Gonzalez Chas antigo corralón en estado de abandono así como obra parada que levan meses ou anos coa licenza de obra caducada. Supoñen en moitos casos un perigo, anos en estado de abandono, solar invadido de maleza e lixo, espazo que poden ser focos de infección e de pragas de ratas.

Exisimos que se tomen as medidas necesarias para acabar dunha vez por todas coa contaminación do aire que padece o barrio dos Castros.A calidade do aire é fundamental para a nosa vida, a contaminación por partículas, ocasionadas polas descargas de carbón e outros graneis sólidos,afectan moi gravemente á saúde da veciñanza, especialmente das crianzas, das persoas maiores e daquelas que padecen alerxias ou enfermidades respiratori

Dende a asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vemos que  hai anos as costa de Oza están a sufrir unha forte agresión urbana, industrial e de contaminación ambiental.

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros esiximos que se tomen as medidas necesarias para acabar dunha vez por todas coa contaminación do aire que padece o barrio dos Castros.

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros organiza unha concentración contra a contaminación no barrio  dos Castros o vindeiro xoves 30 de outubro as 20:30 horas diante da Autoridade Portuaria da Coruña.

14 outubro volveron a verse lamentable espectáculo ca descarga do barco PUTUO HAI

Veciñas e veciños do barrio volveron poñerse en contacto coa nosa asociación para trasladar as queixas polas partículas que están contaminar o aire.

As chamadas da veciñanza a esta Asociación Veciñal confirman o, que o 14 outubro volveron a verse lamentable espectáculo ca descarga do barco PUTUO HAI.

Boa parte dos grandes barcos que son despezados acaban en países cunha lexislación ambiental inexistente ou totalmente precaria, deste xeito medran industrias que amasan cartos a esgalla a costa da saúde dunha clase traballadora que vive condicións similares á escravitude.

Os asinantes este manifesto esiximos que se tomen as medidas necesarias para acabar dunha vez por todas coa contaminación do aire que padece o barrio dos Castros.

Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros levamos moito tempo demandando

USO SOCIAL DO FARO DE OZA

O Faro de Oza forma parte do noso patrimonio público, o de todas e todos. É unha construción catalogada pola xunta e un símbolo desa cultura mariñeira que define o noso barrio e a propia cidade da Coruña. Dende o noso colectivo veciñal iniciamos unha recollida de sinaturas baixo o lema:

Páxinas