Vostede está aquí

Campañas e apoios

Agruparanse todalas campañas ou apoios que se fagan dentro do barrio coma pode ser: O pequeno comercio, Merca no Barrio e etc...

Neste tempo téñense recollido unha gran cantidade de xoguetes, e tamén entregadose os xoguetes a xente mais necesitada do Barrio

Dende a asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros queremos agradecer a toda a veciñanza a colaboración na recollida de xoguetes para que ningunha familia do barrio quede sen xoguetes este Nadal, especialmente ás persoas que están facendo o traballo da recollida e entrega de balde para poder facer esta labor.

Esta semana  creouse en Youtube a canle Oza-Gaiteira-Os Castros AAVV

Esta semana  creouse en Youtube a canle Oza-Gaiteira-Os Castros AAVV onde se pode ver o material audiovisual que conserva  a asociación e que se pasou a formato dixital: Documentais feitos pola Asociación , Festivais do grupo de musica tradicional da Asociación Xebre etc.

Na actualidade estase a discutir o futuro dunha parte dos terreos portuarios da cidade  da Coruña, que se liberarán co traslado de instalacións ao porto exterior de Punta Langosteira. As administracións e a Autoridade Portuaria estanse a reunir para tratar o asunto, pero os verdadeiros propietarios dos terreos, a veciñanza, non está sendo consultada e iso non podemos permitilo.

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros desexalles un bo Nadal  e un Feliz Ano 2019

A Asociación veciñal de Oza - Gaiteira - Os Castros vai a celebrar unha Charla sobre o  illamento social e soidade nunha poboación de maiores de 65 e máis  anos , o vindeiro 18 de decembro as  19:30 horas  na Biblioteca do  Forum metropolitano na rua Río Monelos, 1.

 

A poñente de dita charla serán:

 Dra. Rosario Pita Díaz.

Xerontóloga Clínica e Logopeda

O 26 de novembro as 20:00 na Sociedade Recreativa e Instrutiva A Gaiteira teremos o pracer de  convidados a presentación do libro de Cristina López Villar: "Pioneiras do deporte en Galicia".

O 26 de novembro as 20:00 na Sociedade Recreativa e Instrutiva A Gaiteira teremos o pracer de  convidados a presentación do libro de Cristina López Villar: "Pioneiras do deporte en Galicia".

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros  vai proxectar  documental "Tecido resistente: a silenciosa revolución das mulleres de Présaras", de Marina Chiavegatto, ganador del I Premio Luísa Villalta de Proyectos Culturales por la Igualdad convocado por la Diputación de A Coruña.

O  24 de novembro as 12 :000 na Sociedade Recreativa  e Instrutiva  A Gaiteira   teremos o pracer de  convidados a presentación do libro de  Xurxo Souto  A gran travesía de Chiruca Macallás

Participan na presntación :
Teresa Ramiro, Xosé Iglesias e Xurxo Souto

Xa sabedes,  24 de novembro as 12 na Sociedade.

Que consisitirá na representación da peza teatral ‘Golpes’ interpretada por Estíbaliz Veiga e dirixida por Xosé Leis. ‘Golpes’ é un espectáculo directo, cercano, que xoga co impacto directo da posta en escena, sen trucos dramatúrxicos ou de escenografía. Após a representación abrirase un faladoiro coa creadora e creador da peza.

Deseguido e para pechar esta actividade breve concerto do grupo melidá Cuarta Xusta.

Sobre a situación de violencia, discriminación e desigualdade que segue a sofrir a muller na sociedade actual

Sobre a situación de violencia, discriminación e desigualdade que segue a sofrir a muller na sociedade actual co obxectivo de identificar o machismo preponderante na sociedade heteropatriarcal na que desenvolvemos as nosas vidas. Moderado e conducido por Xosé Leis e Isabel Risco, diplomado e diplomada en Pedagoxía Teatral.

Páxinas