Vostede está aquí

Decembro 2021

O dia 23 de decembro  tivemos a entrega a ONG Senvalos, quen os revisará, catalogará é repartirá .

Neste tempo téñense recollido unha gran cantidade de xoguetes e dende a  asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros queremos agradecer a toda a veciñanza a colaboración na recollida de xoguetes , especialmente ás persoas que están facendo o traballo da recollida e entrega de balde para poder facer esta labor.

Velaquí fotografias de  da entrega dos  xoquetes !

Información do Forum
 
Desde o día de 1 de decembro até o próximo venres 3 de decembro  abrese o proceso de inscición dos  Campamentos de Nadal 2021 "Viquingos: obxectivo Galicia".
 

Actuación do Duo Vaguedades o xoves 9 de decembro ás 20:30 no Forum Metropolitano
 Ficha técnica:
* Duranción 70 minutos
* Actor e actriz: Frn Rei e Isabel Risco
* Equipo técnico: Abrahán Sande e Alberte Bello
 
Organiza  Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros
 

E necesario inscribirse no Correo e  : ozagaiteiraoscastros2@gmail.com

 
 

Asociación Veciñal Oza, Gaiteira, Os Castros imos a realizar un Roteiro polo barrio Sábado 11 de decembro as 12:00

Asociación Veciñal Oza, Gaiteira, Os Castros imos a realizar un Roteiro polo barrio Sábado 11 de decembro as 12:00.

Saida desde o antigo Concello de Oza Rúa Montes 27. Neste Roteiro mostramos as cicatrices que a expansión industrial e urbanística da cidade deixaron na Gaiteira e Os Castros trala fusión dos municipios de Oza e A Coruña en 1912.

Así, colaboramos na difusión da memoria facilitando que as leccións do pasado inspiren as decisións do noso presente.

CONCURSO FOTOGRÁFICO baixo a denominación SAFARI FOTOGRÁFICO BARRIO OZA, GAITEIRA, OS CASTROS

A Asociación Veciñal de Oza Gaiteira Os Castros (de agora en adiante, a Asociación) convoca un CONCURSO FOTOGRÁFICO baixo a denominación SAFARI FOTOGRÁFICO BARRIO OZA, GAITEIRA, OS CASTROS con obxecto de aumentar a visibilidade da riqueza patrimonial, cultural, social, económica e natural do barrio e a súa contorna.