Agruparanse todalas campañas ou apoios que se fagan dentro do barrio coma pode ser: O pequeno comercio, Merca no Barrio e etc...
Vostede está aquí
Campañas e apoios
A nosa asociación de veciñ@s durante a semana do 10 ao 16 de xuño celebra unha exposición no Forum Metropolitano cos traballos feitos polos soci@s que participan na actividade de Artesania do Coiro.
O Vindeiro día 29 de maio a partir das 18 horas temos unha nova cita no Parque de Oza para celebrar O V festival de musica do Pais.
Exposición Fotográfica Sobre o Barrio
Do 16 ao 23 de maio no Forum Metropolitano
Fotografa Susana Lebón
Mércores 16 de marzo, ás 8 da tarde no Obelisco
En que nos estamos convertendo en Europa?. Paremos o acordo UE-Turquía
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros organiza:
unha Excursión a Portugal O Sábado día 7 de maio de 2016.
Visitando a Feira de Vilanova De Cerveira e a Fortaleza Saída : 8:00 Horas e volta as 21 horas
Lugar: Asociación de veciños Rúa da Mercé, 56 baixo
Socios: 15 euros e No Socios: 17 euros
Información no local da Asociación
Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros queremos facer público que apoia a convocatoria do Foro Galego da Inmigración para que a nosa cidade se una á Marcha Europea polos dereitos d@s refuxiad@s que terá lugar ó 27 de febreiro en todo o continente.
Polo noso colectivo súmase a esta reivindicación e estaremos na manifestación do vindeiro 27 de febreiro as 19:30 dende a praia de Riazor
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros apoia a convocatoria do Foro Galego da Inmigración para que a nosa cidade se una á Marcha Europea polos dereitos d@s refuxiad@s que terá lugar o 27 de febreiro en todo o continente
Na Asociación veciñal imos ter un taller de memoria.
O Taller será os luns as 12:00 horas.
Dito Taller comenzará cando se cree grupo.
Impartiranse no local da Asociación.
Apuntate xa as prazas son limitadas.
Infórmate no local da asociación:
Mercé 56 baixo, de 18.30h até 20.00h, teléfono 981298122 no mesmo horario,
os martes e xoves
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros quere agradecer a tod@s os veciñ@s , todas as doazóns de xoguetes recibidas durante estas datas e que permitiron que en Nadal todos os nen@s e as súas familias gocen un pouco.