Vostede está aquí

Campañas e apoios

Agruparanse todalas campañas ou apoios que se fagan dentro do barrio coma pode ser: O pequeno comercio, Merca no Barrio e etc...

A Comisión Aberta en Defensa do Común, na que esta a nosa asociación , organiza unha acampada reivindicativa-festiva diante da Autoridade Portuaria (na avenida da Mariña) para o venres, 21 de abril e sábado, 22 de abril.

A asociación veciñal anima a participar no proceso de Orzamentos participativos.

Abre #APortaAberta.

Dende o 26 de abril podes propoñer todas as propostas que queiras.  PARTICIPA!".

A Comisión Aberta en Defensa do Común, plataforma na que participa  a nosa asociación  veciñal  está desenvolvendo unha serie de actividades reivindicativas que teñen por obxecto a paralización definitiva da poxa dos terreos da Solana e Hotel Finisterrre, o cambio do PXOM para impedir máis accións especulativas da Autoridade Portuaria e, en definitiva, rematar co espolio da Coruña

Na Asociación veciñal vamos a ter un obradoiro de TEATRO o Venres de 21 a 23 horas no local da asociación 

Sera impartido por : Asociación Teatral Paso de Valverde .

Non o dubidedes máis, e vide a disfrutar do arte do teatro . Probade, quedaredes moi satisfeitos .

Infórmate no 607 56 40 38  ou tamén no enderezoelectrónico: ateatral.xavi@gmail.com.

EXCURSION A PORTUGAL

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros organiza unha excusión a Portugal O Sábado, día 13 de maio de 2017.

Visitando a Feira de Vilanova

De Cerveira e a Fortaleza

Saída : 8: 00 horas.

Lugar : Asociación de Veciños

(Rúa da Merced, nº 56, baixo)

Volta as 21 horas

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental: Pucho Boedo, un crooner na fin do mundo.

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental: Pucho Boedo, un crooner na fin do mundo.

O documental reconstrúe a vida e obra do cantante Pucho Boedo

Estara  o director : Xurxo Souto

No Forum Metropolitano o día 6 de marzo as 19:30

O  16 de xaneiro as 19 .30 na Biblioteca  do Forum Metropolitano  teremos o pracer de  convidados a presentación dun libro, OLLARES de Ricardo Seixo Fernández, que entende a escrita como un compromiso vital coa realidade na que vive e co País ao que pertence.

A Asociación de veciñal ENTREGA Á COCIÑA ECONÓMICA dá  Coruña a Cesta de Nadal que se sorteaba ca Loteria de Nadal ao non haber ningún agraciado en dito sorteo.
Con esta pequena  achega  axudar a prover de alimentos ás persoas ou familias con menos recursos económicos da cidade da Coruña, 

 GRAZAS
 
 

Dende a asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros queremos agradecer a toda a veciñanza a colaboración na recollida de xoguetes para que ningunha familia do barrio quede sen xoguetes este Nadal, especialmente ás persoas que están facendo o traballo da recollida e entrega  de balde para poder facer esta labor.

A ASOCIACIÓN VECIÑAL OZA GAITEIRA OS CASTROS CREARÁ UN ROTEIRO POR LUGARES DESAPARECIDOS DO BARRIO

O roteiro será o resultado dun obradoiro interxeneracional de audiovisual e memoria que celebra este nadal no Centro Cívico San Diego e que ten aberta a inscripción.

Páxinas