Vostede está aquí

Documentário rural Entrar aos Vilares

A asociación  veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documentário rural Entrar aos Vilares, finalista da #12MICE, dentro do Ciclo Cine do Barrio organizado pola Asociación veciñal  Oza  Gaiteira-Os Castros.
No Forum Metropolitano o día 4 de setembro  as 19:30 .
 

 

 

 

SINOPSE:

Tres mozos entran a unha parroquia de Guitiriz que descoñecen co encargo de realizar un documental sobre ela. Entón:

1) Preguntan aos veciños tentando comprender a identidade do lugar seguindo unha cita de Charles Seignobos que leron na universidade: “Lamento non ter podido tratar máis que dunha maneira moi incompleta os feitos da vida cotiá, alimentación, vestido, habitación, usos de familia, dereito privado, diversións, relacións de sociedade, que constituíron o principal interese da vida para a enorme maioría de individuos”.

2) Tentan vincular o que aprenden á súa propia identidade e ás súas propias experiencias, sendo da primeira xeración das súas familias que non naceu na aldea. E cuestionan o resultado: non queren dar outra visión nostálxica do rural pero non teñen claro se o conseguen.

3) Pasean por leiras e casas abandonadas, xogan, distraense mirando aos animais e desvíanse das súas propias intencións como se estiveran facendo un vídeo doméstico.