Agruparanse todalas campañas ou apoios que se fagan dentro do barrio coma pode ser: O pequeno comercio, Merca no Barrio e etc...
Vostede está aquí
Campañas e apoios
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental: Pucho Boedo, un crooner na fin do mundo.
O documental reconstrúe a vida e obra do cantante Pucho Boedo
Estara o director : Xurxo Souto
No Forum Metropolitano o día 6 de marzo as 19:30
O 16 de xaneiro as 19 .30 na Biblioteca do Forum Metropolitano teremos o pracer de convidados a presentación dun libro, OLLARES de Ricardo Seixo Fernández, que entende a escrita como un compromiso vital coa realidade na que vive e co País ao que pertence.
A Asociación de veciñal ENTREGA Á COCIÑA ECONÓMICA dá Coruña a Cesta de Nadal que se sorteaba ca Loteria de Nadal ao non haber ningún agraciado en dito sorteo.
Con esta pequena achega axudar a prover de alimentos ás persoas ou familias con menos recursos económicos da cidade da Coruña,
Dende a asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros queremos agradecer a toda a veciñanza a colaboración na recollida de xoguetes para que ningunha familia do barrio quede sen xoguetes este Nadal, especialmente ás persoas que están facendo o traballo da recollida e entrega de balde para poder facer esta labor.
A ASOCIACIÓN VECIÑAL OZA GAITEIRA OS CASTROS CREARÁ UN ROTEIRO POR LUGARES DESAPARECIDOS DO BARRIO
O roteiro será o resultado dun obradoiro interxeneracional de audiovisual e memoria que celebra este nadal no Centro Cívico San Diego e que ten aberta a inscripción.
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros desexalles un bo Nadal e un Feliz Ano 2017
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros comenzamos unha campaña de recollida de xoguetes para que ningun nen@ do barrio sin xoguetes .
Recollense no local da asociación veciñal na rúa da Merced 56, baixo do 14 de novembro ao 20 de decembro
Horario de recollida os martes e xoves de 18:30 a 20:00
O luns día 7 de novembro, A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e a Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros inauguraremos no FORUM METROPOLITANO, ás 19:30 horas a exposición sobre a Granxa Escola de Monelos foi chamada granxa experimental,
Do 7 ao 14 de novembro, organizada pola nosa asociación e a AC Alexandre Bóveda poderá verse no Forum unha exposición sobre un centro de investigación agraria pioneiro no seu tempo, a Granxa Agrícola de Monelos.
O luns 7, ás 19:30 será a inauguración.
A asociación veciñal fai un chamamento a que este venres 14, apoiemos a nova xornada de folga contra o ERE en Extel- A Coruña. Bótasnos un cable?