Vostede está aquí

VISITA GREEN CAMPUS OZA 17 Novembro

Deixámosvos algunhas fotos da VISITA AO GREENCAMPUS DE OZA do venres pasado.  Co Profesor Dr. Manuel Soto Castiñeira e Director da OMA-UDC, coñecimos no noso barrio un modelo sostible de xestión de residuos que prima a prevención.

 

No percorrido guiado dentro da Facultade: separación selectiva de residuos e implementación de medidas de eficiencia no uso e aforro de recursos que tamén nos podemos levar a cabo no fogar.

 

Na área exterior de compostaxe: participamos dunha demostración, aprendimos a recoñecer os elementos (que botar, a aireación, o estructurante, o relación carbono/nitrógeno,…), fixemos un pequeño viveiro con botellas reutilizadas, compost e landras autóctonas,….

 

E máis cousiñas interesantes que poderás coñecer o próximo VENRES 24 Novembro na VISITA AO GREEN CAMPUS DE OZA. Punto de encontro Centro Cívico de San Diego as 16.30 h

 

De balde e agasallo (produtos sostibles - bolsa...)

 

Inscricións en redeozamedioambiente@gmail.com

 

Lembrámosvos que son actividades que a AAVV Oza Gaiteria Os Castros leva a cabo dentro do Ciclo Ambiental #nosobarrioconta que o Concello apoia a través das axudas de #CulturaAmbiental