Vostede está aquí

TRANSPORTE PÚBLICO URBÁN E O BARRIO DOS CASTROS


INTRODUCCION

A Xunta ven de por a exposición pública o proxecto de “metro lixeiro” para a cidade da Coruña. O proxecto está exposto publicamente na Delegación de Transportes durante un mes, e aberto as alegacións a que houbese lugar. Por outra banda os xornais veñen informando nestas datas sobre o asunto, dada as características do proxecto, que aparecen tamén na páxina web da Consellaria de Transportes.

Dito Proxecto, apresenta unha proposta que non é nada beneficiosa para a Cidade e moito menos para o bairro, tal como meter as liñas por Monte Alto e os Rolases. Consideramos necesário que a AA.VV. faga as pertinentes alegacións, pois, ainda co proxecto da Xunta ten poucos vises de realización ó obviar o “PXOUC”:

- O transporte público ten que ser un elemento de vertebrar do espazo da Cidade e contribuir o seu artellamento. Diante do “PXOUC”, convén un debate cidadán, e nas AA.VV. interesadas, sobre o transporte no bairro e na Cidade.

- En principio o proxecto da Xunta é contraditório coa redacción do “PXOUC”. Por Busquest, que instala unha inter modal en San Diego, e que é unha vella reivindicación da AA.VV.

- Tal e como fica proxectada a alternativa da Xunta, agravaria, sen resolver os problemas de trafego da Cidade no seu funcionamento, cu alto custo económico, dilatando no tempo unha morea de obras no centro urbano.

- A instalación da inter modal en San Diego é fundamental para o pulo económico do bairro.

ALEGACIÓNS PLAN DE TRANSPORTE DA XUNTA.

CONSIDERACCIÓNS XERAIS

- AA A.VV. “OZA, Gaiteira-Os Castros” ante o “Estudo de viabilidade dunha rede de metro lixeiro na cidade da Coruña”, segundo o acordo do 13 de febreiro do presente, da Dirección Xeral de Transporte, dependente da Consellaria de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte.

Ven apresentar as alegacións a dito acordo, considerando que dita proposta non resolve o problema de transporte público na nosa Cidade, se non que ven agravar a situación actual do mesmo, polos seguintes motivos:

A) PXOUC.

O proxecto proposto pola Consellaria non encaixa no desenrolo do “metro lixeiro”, pola redacción do novo “PXOUC”. Deste xeito a contradición apresentase como insalvábel, pois Busquets, moi racionalmente non pasa as liñas por sitios irresolubles e conflictivos, con alto custe de instalación e funcionamento.

A Xunta situa analiticamente a inter modal do transporte na Praza de Pontevedra, tal como pretende o Proxecto (praticamente é asi, tal como se pode estudar). Mentas o proxecto Busquets, que actua con mais racionalidade a situa en San Diego, e a partires de aí estabelece unha malla circular aproveitando as liñas do tren e o tranvia, con proxección aos concellos limítrofes nunha visión metropolitana.

B) LOCALISMO.

O proxecto ten unha visión localista e limitada. Fundamentalmente non apresenta nin prepara unha conexón con concellos limítrofes. O urbanismo moderno esquece desen rolos locais para apresentar unidades amplas que resolvan problemas de proxección e des enrolo metropolitano, como saída o afogo das cidades. Este proxecto non propón un transporte sostible no espazo.

C) COSTE E TEMPO IRREAL.

Dada a complexidade do Proxecto o ter encanto o trazado das liñas, o tempo proposto é irreal, asi como duvidoso o investimento; o trazado é todo novo e non se aproveitan as coche ras de Monte Alto. A rentabilidade, o mesmo proxecto o dí, será negativa.

Mentres a utilizazón dun transporte público como o actual, a partires da proposta da AA.VV. que exporemos mais abaixo, abarataria os custes e daríades racionalidade o transporte.

D) PLANTEXAMENTO DA CENTRALIDADE.

O proxecto ó facer pasar as liñas por zonas densas, de edificabilade antiga e vial es estreitos, agrava o problema de tránsito e ordenación do resto de trafego. Ainda que se orde ase sobre do “carril bus”. Que farian con este?, pois o proxecto non propón a súa desaparición. Para un correcto enxambre do “metro lixeiro” e que actue como central idade do transporte, ten que ali xerar os viais, permitir un uso mais peonia dos mesmos, ser compatíbel con outros transportes públicos e sobro de todo disuasório pola sua practicidade o uso do veiculo privado. O proxecto da Xunta non fai senón destruir o espazo urbano, des articulando as suas funcións.

PROPOSTA DA A.VV

CONSIDERACIÓNS XERALES

A A.VV. Considera, pola sua inversión e como central idade o transporte público ten que reunir:

1º).- sostemento do espazo urbano mantendo as característicos históricas do urbanismo da cidade.

2º) .- articular un transporte supra municipal na area metropolitana que amplie socialmente o espazo da cidade racionalmente.

3º) .- fortalecer o transporte público como elemento de articulación da movilidade urbana, oferecer alternativas ecolóxicas e sostibles o transporte en xeral e limitar o uso de veículos privados. Asi o recomenda o Libro Branco de Transporte da U.E., onde limita os deplazamentos en veículos privados e aconsella limitar o seu uso. Tratase pois de limitar a contaminación ( acústica, atmosférica, desestructurante. Hay que ter encanto que o 70% da contaminación atmosférica produce se polo CO2 do transporte) e aforrar en enerxia.

4º) .- a alternativa de transporte público ten que

a) posibilitar a movilidade cidadán interna cos mínimos custes;

b) ten que ampliar o espazo urbano dun xeito funcional para os cidadáns da Coruña e a area metropolitana ;

c) ten que actuar como descentralizador do “centro urbana”, criando vários núcleos sostibles en si, xa dentro da cidade xa nos núcleos metropolitanos :administración, educación, sanidade,etc. ;

d) ten que criar nas ruas da cidade auténticos espazos libres de veículos, socializar as ruas para uso cidadán.

5º).- centralizar as actuacións nos centros críticos: entrada de veículos privados na cidade moitas veces inecesariamente; uso indiscriminado do coche, centralización en zonas saturadas de pontos administrativos/burocráticos.

6º) .- unha actuación en transporte público debe ter en conta:

a) a limitada superfície da cidade e a cercanía dos núcleos metropolitanos. En cifras do 2006 temos 6.286 habitantes/km2, quinto concello de todo o Estado, e a tripa que Vigo. o cal significa unha alta densidade e un limitado cre cemento

b) as características vial es: ruas estreitas e enrevesadas ,poucas prazas e zonas de esparcemento, cre cemento desordenado,etc.

c) nefasta actuación polos sucesivos concellos sobre a cuestión do trafego, potenciando o uso de veiculo privado, construindo “auto pistas” de entrada o centro da cidade, falta de actuación continua no transporte público, visto como chafallada ou negocio,

d) utilizando os aparcadoiros soterrados como iman para mais veículos.

PROPOSTA ALTERNATIVA

Asimilar a proposta da redacción do PXOUC de Busquets:

1º) .- Deseñar en San Diego unha Plataforma intermodal central como lanzadeira do transporte público da cidade. Metro lixeiro, buses, metro metropolitano,etc. Dita Plataforma convirteriase nun Centro Operativo e de redistribuir e controlo do trafego público da cidade, ias instalacións, medi os , etc. necesários.

2º) .- Criar unha trama circular de transporte articulado, e partires do mesmo unha trama radial de transporte clásico. A Continuación.

3º) .- Conectar a citada Plataforma ca estación intermodal de San Cristovo, mediante un carril especifico o traves de Ramón y Cajal, tal como diseña Busquets no PXOUC., Dito carril teria a ornamentación e diseño adecuado para evitar o impacto ambiental. (Corredor verde)

4º) .- Aproveitar as liñas /espazo do tren para trazar un traxecto ata o Parrote, engazando a continuación co actual “ tren chu-chu”, circulando na periferia ata o final do Paseo Maritimo. Esta liña atravasería o novo enclave administrativo do muelle da Bateria,etc, que según o PXOUC, sera o novo centro administrativo e de negocios da cidade.. O circular orredor do núcleo urbano evitaria a densificación do trafego, o caos circulatorio e abarataria custos.

Dita liña o enlazar no Parrote co “tren chu-chu”, actualizaria dandolle un caracter de servizo o mesmo, o entrelazar os barrios laterales Xubias-Gaiteira-Castros-cntro administrativo- Porta Real- Universidade- Adormideras- As Lagoas-Orzan/Riazor- Labañou- Rosales- San Roque.

5º).- Trazado dunha nova rede de mini-autobuses urbanos que enlazan as paradas de esta liña, cos centros urbanos: Plaza Ourense, Centro, Cidade Vella, Monte Alto, Praza Portugal, Agro do Orzan, Poligono da Grela/Vioño…

Conversión da Avda. do Pasaxe nun bulevar ó “espazo sanitario” diseñado no PXOUC, mediante paseos e un transporte de baixa densidade.

6º) .- Aproveitar as liñas do tren, para enlazar cos concellos limitrofes, a traves das Xubias, C ulleredo, Arteixo,etc. Estudo de prolongación ata Oleiros-Sada.

Aproveitar a liña a Elviña para trazar unha interiora á Universidade.

7º) .- Limitación o trafego de vehiculos privados na cidade. Aparcadoiros disuasivos,subterranos mais baratos,etc. Aplicación do Libro Blanco do Transporte da U.E

8º) .- Instalacion do carril bici como elemento circulatorio real e alivio do trafego. Prioridade do mesmo na circulaci'on urbana. O carril bici ten que deixar de ser deportivo/dominguero para se un eixo da circulación urbana, aliviando a densidade dos carris. Esto sinifica non solo zonas de circulacion prioritaria: ademais, aparcadoiros, zonas descanso,etc.

9º) .- Contemplar no PXOU a creación dunha linea maritima cos concellos limítrofes, mediante a instalación dunha Estación Maritima no muelle de San Diego. Esto estaria dentro das medidas solicitadas no citado Libro Blanco sobre transporte na comunidade europea. Esto sinificaría desechar a ilusoria ponte sobre a Ría, cun alto coste e que solo sinificaria agravar o problema de acceso de coches o centro da cidade.

RESUMEN E VALORACION

1º) .- E mais funcional e barato en custos co Proxecto da Xunta.

2º) .- Ten unha racionalidade interna en función do transporte urbano e non de “aproveitar as coche ras de Monte Alto”. A distorsión sobre o trafego interno, a peatonalidade e o carril bicicletas é mínima.

3º) .- Ten unha perspectiva metropolitana e de sostenemento na integración da sua area.

4º) .- Ten unha suxestibilidade da cidade como zona limpa, amábel e cívica, evitando as agresións do metro lixeiro polo medio da cidade. O desprazamento circular, os microbuses, e o uso da bicicleta , proxecta unha cidade de futuro e sostible.

DEBATE

A asociación de veciños propon facer un debate publico do tema