Vostede está aquí

PROXECTO DE IGUALDADE PARTICIPATIVO OZA, UN MAR DE MULLERES

PROXECTO DE IGUALDADE PARTICIPATIVO  :OZA, UN MAR DE MULLERES

OBXECTIVOS DO PROXECTO:

       Poñer en valor a importante aportación das mulleres en todos os eidos da sociedade e en concreto ao desenvolvemento do noso bairro e que hoxe en dia fica lamentábelmente invisibilizado. A súa participación activa en todas as loitas para conquerir unha realidade máis igualitaria e xusta, moitas das veces desenvolvendo traballos duros e sacrificados que se converten nunha dupla actividade fora e dentro do espazo doméstico, nun claro exemplo de solidariedade e entrega. Queremos rachar coa invisibilización da muller na sociedade partindo do noso bairro e a un tempo denunciar, concienciar e sensibilizar ao respecto da sistemática situación de acoso, violencia, maltrato, no seu sentido máis amplo, da que as mulleres seguen a ser obxecto dentro dunha sociedade presidida polo machismo.

 

 Dende a  Asociación vémonos na obriga de denunciar esta situación e poñer en funcionamento as ferramentas que temos ao noso dispor e alcance para colaborar na normalización da vida das mulleres para que dunha vez sexan e se sintán libres para facer o que desexen e como consideren, sen mordazas, sen limitacións, sen violencias, sen ter que renunciar  a nada, sen medo, para conquerir a súa xusta posición na sociedade e camiñar cara a igualdade real e plena.

Proxecto Oza , Oza Mar de mulleres   é un proxecto subvencionado por participación e innovación democrática do Concello da Coruña.