Vostede está aquí

Programa deportivo "En Liña"

 

O   concello da coruña  actica o Programa deportivo "En Liña".

ActívomeNaCasa #EuQuedoNaCasa #YoMeQuedoEnCasa #MeActivoEnCasa

O programa xorde coa finalidade de axudar a manter unha vida activa e saudable durante o estado de alarma decretado polo Goberno con motivo do COVID-19, desde o sábado 14 de marzo de 2020 e que carrexa como medida extraordinaria a limitación de movementos da cidadanía en todo o territorio nacional, dando lugar á permanencia nos fogares durante a práctica totalidade do día.

OBXECTIVOS:

  • Evitar o sedentarismo
  • Activar corpo e mente para mellorar o benestar xeral
  • Conseguir pasar o menor tempo sentado/a.
  • Contribuír a crear unha rutina diaria de vida saudable
  • Reducir tempos de pantalla, descansando a vista.
  • Manter e/ou mellorar a forza, coordinación, flexibilidade, resistencia, equilibrio, axilidade, percepción corporal, espacial, temporal e a relaxación.

DESTINATARIOS:

Desde menores a partir de 6 anos, jovenes, persoas adultas, maiores e familias.

Mais información no enlace :Programa deportivo "En Liña"