Vostede está aquí

Proceso Axenda Urbana 2030

O Concello da Coruña vén de iniciar nestes días o proceso participativo da chamada Axenda Urbana 2030

O Concello da Coruña vén de iniciar nestes días o proceso participativo da chamada Axenda Urbana 2030. Durante os próximos días irá habendo en varios dos Centros Cívicos da cidade encontros abertos, nuns casos en horario de mañá e noutros de tarde, aos que se convocou a todo o tecido social, mais tamén é posíbel participar a título individual.

Nesta ligazón tedes información máis precisa sobre o que é a Axenda Urbana 2030 e os obxectivos deste proceso. Moi resumidamente, é un proceso de reflexión colectiva para definir o futuro da cidade, a escala dos seus barrios e a escala metropolitana. Compartimos información porque si parece de interese para toda a veciñanza acuda, a estes encontros. e facer propostas das veciñas e veciños sobre temas tales como a mobilidade, accesibilidade, xestión dos servizos públicos, dinamización económica, equipamentos comunitarios e outros que puideren surxir. Os próximos encontros van ser os seguintes. Se tes interese en participar nalgún deles pódelo facelo: este cuestionario en liña

  • CC Elviña: Mércores 25/05 ás 11.00 h.
  • Centro Ágora: Xoves 26/05 ás 18.30 h.
  • CC Os Mallos: Martes 31/05 ás 17.00 h.
  • CC Artesáns: Mércores 01/06 ás 17.00 h.
  • CC do Castrillón: Xoves 02/06 ás 17.00 h.
  • CC Monte Alto: Martes 07/06 ás 11.00 h.

Tamén participar no proceso respondendo tamén este cuestionario en liña