Vostede está aquí

PEDIMOS MELLORAS NOS ACCESOS DA PRAIA DE OZA

Dende a asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros dirixímonos ao Concello para que remate co deterioro que padece os accesos da praia de Oza, cheo de fochas e sen mantemento de ningún tipo. Acordando con quen sexa preciso, demarcación de costas de Galicia ou a autoridade portuaria, os pasos que se deben dar para acondicionar dita praia. Non é de recibo que a punto de comezar a tempada estival se atope en pleno estado de abandono, sen que ningunha administración se preocupe.
Manter os accesos e as  nosas praias en condicións  é labor de todos, os gobernos están obrigados a manter e mellorar o patrimonio  natural que a todos e todas nos pertence. Neste caso estamos a falar dun espazo de lecer para os veciños e veciñas do barrio
Dende a asociación esiximos das administracións competentes que poñan fin a esta situación, recuperando e pondo en valor esa instalación, pódese habilitar unha “aula do actividades náuticas” para que todos, nenos e maiores, coñezan e  practiquen deportes náuticos  que temos nesta cidade. Este tipo de actuacións permite recuperar o patrimonio natural , investir en educación e dar traballo, dende a asociación veciñal entendemos que estas son as actuacións que se precisan nesta época de crise e non dilapidar os cartos desfacendo o que outros teñen feito.