Vostede está aquí
Obradoiros, microcharlas-debates e Visitas ao Green Campus de Oza
Aprenderemos un pouco máis da influencia que teñén nosas accións no planeta e que pequenos cambios podemos facer no noso día a día para facelas máis sostibles.
É posible que a sociedade nos leve a pensar que somos insignificantes pero non é certo, eleximos o que compramos, o que consumimos, o que tiramos ao lixo e a onde,... noso barrio conta!
Continuamos co programa de actividades dentro do ciclo. Seguimos animándoche a participar e sumar accións sotibles:
EXPERIENCIA DE XESTIÓN DE RESIDUOS: VISITAS AO GREEN CAMPUS DE OZA
VENRES 17 E 24 DE NOVEMBRO || Hora 16:45 h || Punto encontro CC de San Diego || Duración aprox 1 h 30 min
Coñeceremos unha experiencia de xestión de residuos no noso barrio, a través da visita guiada ao Green Campus de Oza:
- Demostración da compostaxe
- Separación selectiva de residuos
- Iniciativas de aforro de recursos
- Con materiáis reutilizables e compost, faremos un viveiro con landras e outras sementes autóctonas
Colabora OMA-UDC
ECONOMÍA CIRCULAR - DO RESIDUO AO RECURSO: OBRADOIRO DE FORNOS E COCIÑAS SOLARES
SÁBADO 18 DE NOVEMBRO || DE 11 - 13 h E DE 17 - 19 h || Aula 6 CC San Diego
- Coñeceremos a importancia da utilización das enerxías renovables e do aforro enerxético
- Veremos unha mostra dos diferentes tipos de fornos e cociñas solares, os seus diferentes sistemas e principios de funcionamiento
- Aprenderemos a construir o noso propio forno e cociña solar con materiáis reutilizados. Como e que podemos cociñar neles?
- Posta en práctica, cociñaremos cos fornos solares (se temos bo tempo)
Colabora D.Juan Bello LLorente, profesor no CEIFP Someso, experto en bioconstrucción