Vostede está aquí

O NEGRO DO MONTIÑO E OS SEUS CONTOS...

A miña vida foi a dun correcamiños dende moi novo. Meu pai mandóume a andar polo mundo,"... un neno negro no Concello de Oza, que noxo".Non había xeito de explicar aquelo así que a miña nai saíu da casa cunha patada no cú cara á do seu pai, aló en Monterroso, e a mín outra patada que me meteu nun camiño cheo de lama e moitos problemas, endurecín coma unha pedra e cunha navalla no peto e moi mala ostia aparecín na Alemania de 1914, alí un Galego bo buscóume o embarque nun cargueiro irlandés que me levaria dende Hamburgo a Nova Iorque curiosamente alí a cor moura axudóume moito a buscarme a vida e así foron pasando os días, os meses e tamén algúns anos, tiven que escapar da lei, e íso levoume a mudar de vila e de vida...
Daquela eu traballaba en Washington D.C. nun hotel rancio de 1842 era o Embassy Inn Hotel, fun o mellor botóns que pasou por alí, modestia a parte, e coma dacotío, botaba un pito na xanela da 215, preto da suite que máis tarde collería a muller bandeira, unha negriña de peitos bailóns, chamábase Josephin Baker, diola que fermosa era!!!. Que noviña era e tanta experiencia xa nas súas costas, viña de actuar no famoso "Cotton Clube" de Nova Iorque, corría o ano 1924. Podédemelo crer entrou coma unha raíña no hotel co seu abrigo de pel e nada máis, e eu traguei saliba, déume impresión, non me movín da xanela por un longo tempo, e acendín outro pito e comecei a tragar o fume pra facer ariños...
Naquel intre por un daqueles aros que facía co fume pasou aquel outro tipiño, estirado coma unha garabata nova, tiña un serio porte aristocrático por íso comezaron a chamalo o Duque, Duke Ellington, traía a un lote de músicos ben traxeados atrás, déume tempo a ler o nome no bombo que levaba un grandullón de aqueles, os "Washingtonians". Ao Duque estabao agardando un home negro tamén estirado que lle soltou dúas cepilladas rápidas ao traxe, logo soupen que era o pai que traballaba de maiordomo pra unha familia ricachona do Capitol Hill...
saúde bendito Duke