Vostede está aquí
O MEU BARRIO E O MEU CONCELLO
18/06/2009 - 21:09
D. Javier Losada Aspiazu
Pza. María Pita
A CORUÑA
En nome da Asociación Veciñal Oza- Gaiteira- Os Castros, á cal represento, póñome en contacto con vostede para informarlle que a antiga casa do Concello de Santa Mª de Oza está localizada, segundo nos dín os maiores do lugar, na rúa Montes, pensamos polo tanto que está incluída na parcela do que será o Parque de Oza.
De calquera xeito, pedímoslle que restaure e efectivice a súa devolución a este barrio, porque sería unha maneira de restaurar tamén a nosa memoria, a deste Concello e as súas xentes, e restaurar tamén a honorabilidade dos alcaldes que, coma vostede, exerceron os seus gobernos como boamente poideron e cos bimbios que tiñan naqueles intres.
Como lle dicía, aos máis maiores do lugar: xentes de San Pedro de Visma, Santa Mª de Oza, San Vicente de Elviña e San Cristobo das Viñas, gostaríalles ter esa casa como lembranza dos seus devanceiros por iso pensamos que estaría ben reintegrala en forma de casa-museu do pobo de Santa Mª de Oza de tal xeito que quedaría perfectamente integrada no contorno do novo parque.
Sería bo manter unha xuntanza entre vostede e nós pra ver de levar a bo fin esta idea, agardamos a súa resposta.

Na Coruña, 18 de febreiro de 2009
Margarita Santiago Urbano
Presidenta da Asociación de Veciños
Oza-Gaiteira- Os Castros
Con esta carta que lle enviamos en febreiro ao alcalde da Coruña pretendíamos que se dera conta de que hai un patrimonio do antigo Concello de Oza que queremos que se respecte.
É, no senso máis amplo, parte importante da memoria herdada das xentes que conformaron ese Concello, esa memoria tamén debemos respectala todos e todas e gardala como ouro en pano, preservandoa pra que os nosos fillos e fillas sigan orgullosos de pertencer a este barrio-Concello, nós o estamos, estamos orgullosos de vivir dentro das lindes deste Concello de Oza e non só iso senón que tamén REIVINDICAMOS a súa presenza, a nosa presenza no Concello da Coruña onde quedamos "absorvidos" por mor dunha débeda imposible de pagar naqueles tempos e que levou ao estrangulamento perfectamente estudado polas forzas vivas daquel intre, non hai máis que ler as actas dos alcaldes de Oza pra darse conta da xogada mestra.
Estas que vedes aqui enrriba son dúas imaxes do que foia a primeira casa do Concello de Oza, e o que queda da nosa casa consistorial (dun concello constitucional e democrático, que conste), quede o que quede, é noso e non podemos permitir que o seu deterioro, que non debería ir a máis, sexa a escusa pra derrubala e poñer un xardín aínda que agora a iso lle chamen parque.
.
.