Vostede está aquí

Nota de prensa sobre o Faro de Oza


O faro de Oza
O faro de Oza forma parte do grande patrimonio marítimo que a cultura do país foi capaz de erguer e conservar, é unha sinal de identidade do barrio e da propia cidade da Coruña. Un edificio con máis de cen anos ás súas costas que non ten o mantemento que debería ter unha instalación deste tipo.
Dende a Asociación veciñal xa temos denunciado o estado de abandono no que se atopa, semella non importarlle ás administracións con competencias na materia para manter e conservar este patrimonio. Non podemos permitir que siga deteriorándose un edificio que forma parte da nosa historia e da nosa cultura. Tamén nos gustaría saber que foi do “Plan Murallas” pois as murallas que hai no entorno do faro de Oza non se tocaron, non viron un só euro.
Cómpre unha rehabilitación completa da instalación, para poñer en valor este patrimonio cultural, e cómpre tamén darlle o uso social que o barrio necesita. Dende o noso colectivo reclamamos, unha vez máis, unha rehabilitación e mantemento como é debido e un uso social do mesmo, para que as veciñas e veciños poidan disfrutar dunha instalación que é patrimonio de todas e todos.