Vostede está aquí
Manifesto en favor da planta de reciclaxe de Nostian
23/05/2024 - 18:02
A Asociación vecinal Oza Gaiteira Os Castros fai un chamamento a veciñanza a participar na manifestación convocada polo o comité da planta de tratamento de residuos de Nostián que anunciou para o próximo sábado, 25 de maio. En resposta á falta de avances na publicación dos pregos da nova concesión e ante a incerteza sobre a continuidade da planta e dos empregos. A marcha sairá ás 12:00 hora da Casa da Auga (onde están as oficinas da Concellería de Medio Ambiente), irá até a Praza de Pontevedra, continuará pola rúa Juana de Vega até a Praza de Mina, e alí dende discorrerá polos Cantóns e a Avenida da Mariña até rematar na Praza de María Pita cunha concentración diante do Concello.
Deixamos o manisfesto nas imaxes adxuntas.