Vostede está aquí
Fotos de OBRADOIRO 11 Novembro
Deixámosvos algunhas fotos do OBRADOIRO PARTICIPATIVO do sábado 11 Novembro no que sumamos accións sostibles.
Entre a mañá e tarde, os participantes coñeceron un pouco máis do importante das nosas accións para o medioambiente e qué cambios podemos facer na vida cotiá para contribuir a un desenrolo sostible e xusto.
Debate e toma de conciencia do noso modelo de consumo e xestión de residuos.
Talleres, microcharlas interactivas e prácticas con proxeccións.
Visionamos o longo percorrido dun plástico polo mundo; diferenciamos tipos de plástico nos productos de consumo, mellores vs peores; como reciclar residuos como o aceite; como mercar dun xeito máis sostible e xusto; coñecimos datos dos impactos medioambientáis e económicos dos residuos; calculamos a nosa pegada ecolóxica: cantos planetas Terra necesitamos para producir os recursos que gastamos e a superficie necesaria para absorber os residuos que xeramos, …
Cousiñas que repasaremos e outras novas que poderás coñecer o próximo sábado 25 Novembro no Centro Cívico de San Diego de 11 a 13 h e de 17 a 19 h.
De balde, aberto a toda a cidadanía, agasallos (productos sostibles). Inscricións en redeozamedioambiente@gmail.com
Lembrámosvos que son actividades que a AAVV Oza Gaiteria Os Castros leva a cabo dentro do Ciclo Ambiental #nosobarrioconta que o Concello apoia a través das axudas de #CulturaAmbiental