Vostede está aquí

ESTRUTURAS PEL_CONTRA_PEL

Temos o gusto de informarvos que A asociación de veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental

Temos o gusto de informarvos que A asociación de veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental: "ESTRUTURAS PEL_CONTRA_PEL" o luns 1 de abril as 19:30 no Forum metropolitano na rua Río Monelos.

PRODUCIDA: Tingalaranga Audiovisual

REALIZACIÓN : PACO GALLEGO E XOSÉ BOCIXA

Entrada de balde * ATA COMPLETAR O AFORO.

Obra documental onde escoitaremos diferentes voces, como a do Decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, Antonio Maroño, arquitectos como Carlos Coto ou Fermín Blanco, arquitectas como Elvira Carregado e Carmen Vázquez, o Director da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña ETSAC, Fernando Agrasar - tamén arquitecto - do sociólogo urbanista Manuel G. Docampo, ou da xeógrafa Rocío Romar, colaboradora do proxecto educativo Proxectoterra que leva os valores da paisaxe e da arquitectura ás aulas de ensino de Galicia.

A explotación forestal, os tendidos eléctricos, en ocasións absolutamente desmedidos na súa proporción, a actuación humana ante o crecemento poboacional, o abandono do patrimonio e a asunción fóra de escala dos modelos urbanos no contorno rural ou rurubano, a obra inacabada, a obra institucional ou a especulación.Estruturas amosa "un conxunto de actuacións que conteñen unha responsabilidade colectiva disociada do que individualmente achegue cada quen", en palabras dos seus responsables. Estamos pois ante o espello de Alicia invertido, onde as marabillas quedan detrás nosa.