Vostede está aquí

ESCRITO A FLORENCIO CARDADOR

D. Florencio Cardador Canelo.
Concelleiro de Seguridade Cidadá
e Circulación Vial.

Concello da Coruña.

Desde esta asociación de veciños, queremos DENUNCIAR publicamente as deficiencias observadas en diferentes zonas do noso barrio, o respecto da seguridade vial, i en especial no que atinxe a zona de Casablanca e Avenida do Exército, nos diferentes pasos de peóns, pois consideramos que o tráfico de vehículos e moi perigoso neses lugares e ademais teñen moi pouca luminosidade e visibilidade (sobre todo na zona de Casablanca), polo que xa teñen acontecido bastantes accidentes con fatais consecuencias; como o acontecido na tardiña do venres día 6 deste mes, no que sufreu un accidente mortal a nosa veciña e compañeira desta asociación Dona ESTRELA THOMAS FERNANDEZ.

Así mesmo temos que denunciar algúns pasos de peóns regulados por semáforos, onde o tempo para cruzalos e moi reducido; estes semáforos son: Ronda de Outeiro núm. 10 (Talleres Rdguez. Amado); Avda. Gral. Sanjurjo coa rúa peonil da Gaiteira; e o da rúa Ramón y Cajal (Hotel Sol Coruña).

Por todo o dito, agradecemoslle teña isto en consideración, e de ás ordes oportunas o mais axiña posible, para arranxar as devanditas deficiencias polo ben da cidadanía, e que a nosa benquerida compañeira ESTRELA sexa a derradeira vítima.

A Coruña, 9 de Novembro