Vostede está aquí
Noso Blogue
O noso barrio conta cunha morea de escaleiras e de costas empinadas, e cunha poboación moi envellecida e con problemas de mobilidade, con dificultades para chegar ao centro de saúde, á oficina de correos, ao centro cívico ou mesmo para facer a compra diaria.
Na Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros levamos moitos anos loitando na defensa do Faro de Oza: 2009 (Manifesto en defensa da costa de Oza), 2013 (alegacións ao PXOM), 2014 (novo Manifesto en defensa da costa de Oza)... Reivindicando sempre o Faro de Oza como espazo público e cidadán, opoñéndonos a calquera tipo de privatización e solicitando o seu uso como espazo formativo e divulgativo da nosa cultura mariñeira.
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros queremos manifestar que a flora invasora é o conxunto de especies plantas que foi transportado e introducido polo ser human na Galiza, fóra da súa área de distribución natural. Estas especies conseguiron establecerse e espallarse resultando as máis das veces daniñas ecolóxica e/ou paisaxisticamente.
Páxinas
Xebre Banda De Gaitas



