Vostede está aquí

Derrubando Muros para ver o Mar

Este proxecto ten como obxetivo recuperar a mirada cara o mar e aun urbanismo máis amable.

Coñecer as posibilidades lúdicas e comerciais dos espacios perdidos e recuperables, un litoral, sostible, baseado no espazo libre, nos equipamentos públicos e na creación de riqueza e emprego arredor da economía do mar. Achegar de novo aos veciños ao mar, e tomar conciencia da necesidade da conservación do espiritu do barrio e da sua orixe, asi como do patrimonio cultural a través da participación interxenacional dos veciños unhas das actividades son:

  • LUNS 4 DE DECEMBRO - 19:30 [FORUM METROPOLITANO]: Charla-Coloquio con Paco Gallego, co autor xunto a Xosé Bocixa do documental inédito "Estruturas (Pel contra pel)" Título da charla: A ocupación, humanización e privatización do territorio no documental. Durante este encontro poderá visionarse un estracto deste documental, aínda non estreado, onde o arquitecto Fermín Blanco (coordinador dos obradoiros "Nenoarquitectura") dá a coñecer unha experiencia educativa de recuperación dun espazo inicialmente pensado para un uso privado
  • Sábado 9 de Decembro: Creba do Mar Taller de reciclaxe con Retoque Retro . Lugar:PARQUE DE SAN DIEGO
  • XOVES 14  DE DECEMBRO - 11.30 e as 15:00Charla dos Patexeiros Charla con Lucas Santolino , presidente da asociación de Patexeiros Navegación tradicional e achegamento ao mar das novas xeracións  Lugar: Club Maritmo O Puntal
  • XOVES 14, VENRÉS 15 E SÁBADO 16 DE DECEMBRO Taller de pintura Mural Información e localización: 647 27 27 54
  • SÁBADO 16 DE DECEMBRO [MIRADOR DOS CASTROS] - 13 horas: concertó dos FolKlólicos sección vermú. Lembrámosvos que son actividades que a AAVV Oza Gaiteria Os Castros leva a cabo que o Concello apoia a través das axudas da Concelleria de participación e innovación democrática.

                      Colabora o Club Maritimo de Oza O Puntal.