Vostede está aquí

Compra no teu barrio, faino medrar

Dende hai tempo a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros tratamos de botar unha man para mellorar o pequeno comercio do barrio, somos conscientes do peso deste sector dentro da economía e da súa importancia para a mellora da calidade de vida no barrio, e vemos con enorme preocupación as grandes dificultades polas que están a pasar.

A Asociación de Veciñal Oza Gaiteira OS Castros vai iniciar estes días unha campaña de apoio ao pequeno comercio .A campaña, co lema Compra no teu barrio, faino crecer, cun rechamante cartel informativo, quere animar aos veciños para facer parte das compras do Nadal nos pequenos establecementos tradicionais da zona.

 

En Compra no teu barrio, faino crecer expóñense catro motivos principais para apoiar as tendas pequenas de barrio:

En primeiro lugar, que «a maioría do comercio do barrio está atendido por veciños».

En segundo lugar, que o trato «é próximo e personalizado».

O terceiro motivo, que «consumir ou comprar no teu barrio xera emprego» e por último, que desta maneira «aforras desprazamento».