Vostede está aquí

A Asociación de veciños Oza Gaiteira Os Castros presenta o calendario do mes de setembro do proxecto Barrios 2030

A Asociación de veciños Oza Gaiteira Os Castros presenta o calendario do mes de setembro do proxecto Barrios 2030

A Asociación de veciños Oza Gaiteira Os Castros presenta o calendario do mes de setembro do proxecto Barrios 2030

Este proxecto de carácter divulgativo e participativo está a desenvolverse ao longo deste ano 2022 grazas ao cofinanciamento do Concello da Coruña

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros leva máis de 50 anos traballando para mellorar a calidade de vida do barrio, a través do traballo colectivo, tratando de manter unha posición aberta para o debate crítico e construtivo co fin de comprender e mellorar a realidade do barrio. É por iso que este ano está a desenvolver o proxecto Barrios 2030 para promover os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible entre a cidadanía e adquirir un compromiso coa Axenda Global de Nacións Unidas.

Baixo a premisa de que a cidadanía é un axente clave na consecución dos fins da Axenda 2030, este proxecto pretende xerar espazos de participación e reflexión, espazos para crear novos imaxinarios sobre modelos de vida máis respectuosos a nivel social, ambiental e económico, á vez que melloramos o coñecemento da poboación sobre os ODS e as súas metas. "Pretendemos acadar unha mellora na calidade de vida do noso barrio e un desenvolvemento sostible do territorio" comenta o presidente da Asociación Paulo Sexto.

As actividades que se desenvolverán este mes son múltiples. Comezan o próximo luns día 5 coa proxección do filme Vida ártabra de Iago Prada, un documental sobre o humidal da Gándara para por en valor o verde sobre o asfalto. Continúan as actividades de sensibilización coa emisión do programa na radio comunitaria CUAC FM, que realizarase en directo dende a Biblioteca municipal os días 12 e 26 de setembro, para dar a coñecer as 5 P´S dos ODS: Prosperidade, Planeta, Persoas, Paz e Partners (alianzas) a través de entrevistas a axentes clave do noso barrio. Paralelamente, entre o 12 e o 24 de setembro poderá visitarse no Forum Metropolitano a exposición Cambio climático. O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción do CEIDA e finalmente realizarase un ODS Encontro o 19 de setembro no Faro de Oza para dar a coñecer boas prácticas na implementación dos ODS no territorio así como realizar un esforzo colectivo de co-creación de novos imaxinarios entorno á Axenda 2030.