Vostede está aquí

29 Xuño, 2009 - 15:55

PRESENTE E FUTURO DO PORTO DE A CORUÑA

25/xuño/2009

evegarodriguez@hotmail.es

UNHA APROXIMACIÓN DE DIAGNOSTICO

A construcción do Porto Exterior de A Coruña, co correspondente baleirado das actuais instalacións representa un punto de inflexión no desenvolvemento e potencialidade económica da cidade. Por unha banda, sinificará unha remodelación e diversificación dos espazos portuarios e as suas actividades, e pola outra potenciará a actividade económica da cidade obrigando os seus axentes económicos a unha maior implicación nas actividades derivadas. Non é unha cuestión simplemente portuaria, sinon que implica toda a potencialidade económica da área metropolitana. Atopamonos no intre preciso onde a saturación do transporte por carreteira e un feito, así como sua posta en cuestión dados os seus prezos e custe ecolóxico. Mentras o trafego marítimo só representa menos do 20% dentro de Galiza, e con moitas posibililades de inducir unha dinámica de crecemento diversificado.

O marco onde proxectar este futuro inscrivese nas directrices do “Libro Branco” europeo por un transporte ecoloxico e sostible, e as marcadas polo “Plan Estratexico de Infraestructuras e Transporte” de Fomento ( con todas as reticencias posibeis as diversas cuestións sobre sostenilidade e ecoloxia de dito Plan) .

UNHA SITUACIÓN DE PARTIDA

A situación de partida non é da maís doada. O 68% do trafego coruñes son produtos petroleiros e carboeiros, mercadurias que dependen dun mercado e prezos esternos e inestabeis, con pouco valor engadido e pouca criación de empleo. Esto podese observar espurgando nos sucesivos informes da Autoridade Portuaria. Un trafego que está en crecementos negativos a nivel mundial: no periodo 1973- 2003 o trafego petroleiro decreceu dun 52,6 % ó 35,7 % do trafego total portuario, e mentras no periodo 2003- 2004 o trafego de marcadurias creceu un 6,7% o trafego petroleiro tivo un crecemento negativo. Cifras similares podense estudar a nivel de Estado, unido a forte crecemento de movemento de marcadurias en contenedores e ro-ro.

As cifras co PEIT aporta para o periodo 2004-2020 sinifica un crecemento do Porto coruñes do 42%, o que menos de Galiza, mentras O Ferrol crece un 126% e Vigo un 82%. No trafego de contenedores a Coruña pasará do 0,004 sobre a sua actividade actual a un 72% de crecemento ( 1,2 millóns de Tm.), mentras que O Ferrol cuxo porto esterior esta casi rematado tera un crecemento do 85% ( 5 millons de Tm. )

E sen utilizar cifras proxectadas, temos que sinificar que a pesares ser o segundo porto de Galiza tras O Ferrol , a rentabilidade por Tm. é a mais baixa, cun beneficio do 0,72% / Tm., Vigo 1,40/Tm., Vilagarcia 1,10/Tm., Ferrol 0,32/Tm.. Precisamento os que moven mercadurias primarias son os menos rentabeis.

A resposta do Goberno de España a tal reto non deixa de ser sinificativa, en todo caso moi ligada as cifras ofrecidas no PEIT. Unha calculada ambiguedade respecto as inversións no Porto Esterior en caso de faltar os fondos Europeos, ou cos incrementos orzamentarios, a pesares das declaracións de Jordi Sevilla (“La Opinión 23/08/2005”). Fora das xogadas propagandisticas esta claro cos recentes Orzamentos do Estado, deixan de lado o desenvolvemento portuario da cidade. : atraso no eixo ferroviario atlántico Ferrol-Coruña-Vigo que debería rematarse antes do 2009; atraso no AVE e dubidas sobor das suas características; atraso no Transcantábrica; dúbidas sobor dos 52,6 millóns a invertir no Porto Esterior; e un largo etc. ¿Alguén cré no vontade do Goberno polo desenrrolo do Pais, e xa que logo polo do Porto coruñes?.

Mentras estase a rematar o porto do Ferrol, cunha capacidade de descarga de 5 millons de TM, 900.000 m2 de superficie, un calado de 20 m., un atraque de 1.500 m; un porto protexido que poderá operar todos os días do ano. Un Porto preparado para mover mercadurias primarias, sobre todo carbón, e contenedores. Todo con financiación pública. De feito os espazos da primeira fas estan casi xa ocupados. O Ferrol ofrecese así como porto carboeiro, mercadurias xenerales e contenedores.

Asimesmo, mentras na cidade se dicutia como vaciar o Porto de comercio e industria xeneradora de emprego e riqueza e enchelo de ladrillos, a Comunidade Europea ven de otorgarlle a Vigo a base do noroeste das “autopistas do mar” : a base fundamental e de futuro no desenrrolo portuario para o movemento interportuario de mercadurias cos portos europeos

Maís ainda é maís grave a proposta do Concello da cidade, a Autoridade Portuaria e Fomento: baleirar o Porto Coruñes e simpelmente unha aposta por convertir os espazos portuarios en zonas de ocio.

O PORTO COMO NEGOCIO INMOBILIARIO

Fora da parafernalia política respeto o Porto Esterior, as propostas das citadas administracións non ofrecen sinon dubidas sobre as intencións das mesmas. De feito teñen poucas intencións de sair da situación actual.

Xa dende o ano 1977, a A.VV. “OZA” da Gaiteira- Os Castros está a pedir un Porto Exterior, convertindo os espazos baleirados en zonas de uso público e social. Non só en declaracións públicas, tamen nas alegacións o PXOU da Coruña ou as alegacións O Plan Especial do Porto, onde xa se definian os usos dos espazos portuarios. Nas continuas protestas pola contaminación, os recheos ou medidas irracionales a petición da A.VV. sempre foi construir un Porto Exterior. Podense consultar no local da A.VV. ¿ Alguén máis apostaba por esto?

Despois do desastre do Prestige, esta idea é tomada pola A.Portuaria , Fomento e o Concello do Sr. Franscisco Vazquez. Mais cun coello na chisteira: a construcción do P.E. implica privatizar ( “desafectar” din eufemísticamente) os terreos portuarios para a sua financiacíon, incluso a Estación de San Diego pois é innecesaria nun espazo urbanizable, (e que supostamente será desplazada “ a outro emplazamento”). Rapidamente asinase un convenio con Fomento e a Autoridade Portuaria para recalificar os terreos e poder edificar mayoritariamente pisos de luxo, centros comerciaís,etc. Así na chamada zona 2 ( zona dos Castros- San Diego ) privatizaranse 376.192 m2., cunha edificabilidade de 344.581 m2, dedicándose o 60% a vivendas de luxo. A zona comercial dedicaranse 51.687 m2., dos cales un 65% estaran ocupados por un centro comercial, calificado como prioritario. E novo PXOU do Sr. Losada Azpiazu contemplanse a edificación de aproximadamente 4.000 vivendas, unha edificabilidade do 1,27 m2/m2, con a Avda. Alfonso Molina das maís altas da cidade. Incluso o Concello do Sr. Vazquez cede os futuros constructores a edificabilidade que lle corresponde por lei, dato sinificativo das suas prioridades.

É a posibilidade do negocio o que lles interesa as Autoridades da cidade. Maís a realidade e contradictoria cas suas propostas. A Coruña presentase como unha cidade acabada. Actualmente aproximadamente un 15,34 % das vivendas estan valeiras, cantidade que se incrementa can do se remanten os polínos pendentes do actual Plan vixente, as que ai que engadir as cerca de 34.000 proxectadas polo Plan Busquets. Vai costar vender esos pisos cando

a actual situación económica de Galiza e do Estado é dunha crise total “ do ladrillo”, cunha recuperación a cinco ou dez anos.

A mesma situación de crise dase no comercio da cidade. Por unha banda inducido pola crisis global, cunha forte caida de ventas, e da outra pola saturación de centros comerciais, actuaís ou programados no Plan. Podese consultar nos informes da Camara de Comercio.

Asimesmo a cidade ten unha perda continua de poboación . A densidade poblacional da cidade é de 6.279 h/K2, das cinco mais alta de Europa. O decrecemento poblacional é constante, a favor de municipios do area metropolitana, con vivendas mais baratas, servizos en aumento e menos masificadas.

Pero mentras os portos de Ferrol, casi rematado, e Xixón, que comenzou maís tarde, están en marcha ou teñen finanaciación europea, o coruñes non deixa de ser unha chea de contradiccións e dubidas. Os documentos para a obtención dos Fondos Europeos presentaronse tarde e mal sendo rexeitados pola Comunidade e obrigados a unha nova presentación, o cal sinifica unha desidia ou intención oculta. Mentras o Concello e Fomento din esperar os fondos europeos que posibelemente non chegen na cuantía desexada..

Todo esto sabeno perfetamente o Concello, a A.P. e Fomento. De feito apropbaron a adxudicación sin o visto bó das axudas europeas no ano 2004, e desentendendose os Conselleiros da A.P. das despostas legakles os problemas fiñancieiros derivados. Realmente as contas nunca encaixaron. O coste inicial de 429 millóns de euros iva ser financiado con 150 millóns dos fondos da Autoridade Portuaria ( ¿onde?), 150 millóns ca venta dos terreos dos muelles, e o resto co financiación da Comunidade Europea. Actualmenmte xa ai un desfase aproximado de 150 millons de euros, un 27% do presuposto. A todo esto ai que engadir o coste da conexións de ferrocarril, que son 78 millons de euros , e de carreteira, que son outros 100 millons de euros( é que ainda estan sin facer estudo). E tamen o traslado de REPSOL, 120 millóns de euros. que non esta desposta a pagar todo o coste, e as negociacións ca empresa ainda estan nos primeiros inicios e sin acordo ningun.

¿ Como pensan financiar o choio?. De momento xa sabemos algo . Facendo recheos no Porto: entre os muelles San Diego e Centanario, recheo no Centenario (30.000 m2), recheo en Oza (13.000 m2) recheos na zona das Animas, construcción de aparcamentos soterrados, traslado da Lonxa a Oza (fai poucos anos costou 2.000 de euros ) unha Medusa pequena e transportabel,etc.. O seguinte paso será incrementar as terreos edificables e a edificabilidade dos mesmos.

.

UNHA PROPOSTA DE FUTURO

Os axentes económicos, políticos e sociais da cidade teñen que comprender cal ten que ser o futuro da cidade, e da sua principal via de riqueza. A A. VV. “OZA” nas citadas alegacións a PEP do ano 1999 xa ofrecía unha proposta de continuidade do espazo público do Parque Europa cara San Diego e a zona da Praia de Lazareto-Oza e as zonas nauticas adxacentes, creando un gran parque ligado as actividades marítimas. Así mesmo unha defensa das actividades portuarias limpas, potenciando as actividades comerciais, industriais e pesqueiras. A financiación do Porto Exterior faríase con Fondos Europeos, estatais e empresariais interesados no mesmo. Unha proposta viabel e de futuro para a cidade, que resumiriase :

1) Valeirar os actuais espazos portuarios de industrias perigosas e contaminantes. O Porto Exterior non é a panacea, non ten sinificado en sí mesmo, senon para as empresas constructuras , petroleiras ou carboneiras. Para os cidadans de A Coruña o importante é que o baleirado do Porto actual sinifica unha potencialidade de desenvolvemento actualmente enesistente, así como librarse de industrias inaceptabeis, por unha Coruña limpa.

A posta en marcha do Parque empresarial de Suevos e un primeiro investimento de 37 500 000 euros no aproximadamente 125 000 m2, ten que ser o comenzo, así como reforzar as suas infraestructuras viarias (AC- 410, C-552, autovia.) industriales e comerciales.

2) Potenciar o trafego limpo, contenedores e ro-ro e Pesca. Actualmente é o trafego con maior valor engadido e de mais potencialidade e crecemento. Completar o proceso con zonas limpas, porto seco, estructuras e industrias de manipulación e transformación ligadas as mercadurias. Tratase de completar o ciclo industrial, de xeito que as industrias asociadas sinifiquen non só un crecemento no espazo , tamen que sinifiquen un aporte o desenvolvemento de Galiza. Incrementar a rentabilidade do Porto é fundamental, pois é das maís baixas de Galiza; pero ainda ai mais, no periodo 1991-2004 os incrementos de tráfico forón dun 560% no Ferrol, dun 130% en Vilagarcia, dun 40% en Vigo e solo dun 4% na Coruña. Ai que ter enconta que o Porto exterior, co coste que ten non deixa de ser un porto petroleiro, con dificultades de atraque e que estará inactivo orredor de 45 dias o ano.

3) Racionalizar os actuais espazos portuarios, potenciando ás empresas relacionadas con actividades portuarias de inducción industrial, desprazando o resto os espazos adecuados fora de recinto portuario. Esta racionalización de usos de espazo implica unha relación directa Porto- cidade, definindo dentro do recinto o aproveitamento para usos públicos e sociales non especulativos os espacios liberados co Porto Exterior, un acercamento da cidadania á linea do mar e un uso democratico dos mesmo.

Tratase de deseñar “espacios mezclados” , capaces de manter a trama

urbana, comercial e industrial que sempre definiu o Porto e a sua

relación co barrio, integrando espacios distintos e cambiantes

4) Non podemos banalizar a linea de mar, convirtindoa no espazo “a onde ir” (ocio banal, comercio e vivenda). O novo espazo ten que ser un sitio “ onde estar”, unha fachada diafana, integrada no contexto urbano do barrio e a cidade. E edificación urbana sinificvara un incremento da mazización que estase a producir na Coruña e no barrio (A Gaiteira, A Cubela , Vales Villamarin, Casablanca,etc. ) Tratariase:

5) Compatilización de actividades, que crean riqueza e forman parte da trama urbana do barrio e da cidade.

Establecer a saida da Cidade pola actual carreteira do Porto ata o nudo de Casablanca, liberando de trafego e convertindo nun bulevar a actual Avda. do Exercito

Posta en marcha de unha “•intermodal” que campatilize o trafego metropolitano, urbano e comunique os diversos núcleos da cidade mediante unha malla de transporte puúblico

Posta en marcha do carril bici, estación de bicis e taller. Ampliación do paseo maritimo, e de comunicacións adecuadas ca Praia de Oza.

Posta en marcha dunha Estación Maritima que comunique a cidade cos concellos limítrofes. A Ponte pensada polo Concello non fará sinon agrabar os problemas de trasegó na cidade, o facer un efecto “chamada”

Creación dun Museu de Actividades Maritimas e Pesqueiras, do cal esta tan necesitado a cidade.

Creación dunha escola de vela municipal, e de actividades derivadas no marco do Centenario e San Diego. Unha piscina nunca cidade chea de boas praias non deixa de ser pintoresco.

Posta en marcha de zonas de ocio, de actividades lúdicas, e descanso.

Unificar o espacio entre Parque Europa, San Diego e Praia de Oza.

O Porto de A Coruña parte nesta aposta con un déficit histórico e estructural que as diversas administracións dan sensación de non combatir. A Autoridade Portuaria, o Concello de A Coruña, a Xunta e Fomento non teñen interese sinon en convertir os espazos portuarios coruñeses non pozo de especulación inmobiliaria.

Tratase,pois, de invertir esta situación de partida mediante duas actuacións de implicacións políticas e económicas. Por unha banda a implicación maís directa dos axentes económicos da cidade nun desenrrolo integral do espacio portuario, nas directrices sinaladas; pola outra nunha exisencia as administracións políticas por unha implicación real e direta co porto coruñes. Un debate cidadan que clarifique posicións diante o noso futuro.