Vostede está aquí

28 Xuño, 2009 - 00:43

25º aniversario do traslado dos restos mortais de Castelao á Galiza

O 28 de xuño de 1984 Castelao voltou a Galiza.

A Asociación Veciñal da Agra Oza-Gaiteira-Os Castros lembra esta data publicando no seu blogue a retransmisión en directo daquel momento, feita pola TVE en Galiza, baixo a narración de María Tareixa Nabaza, e a dirección de Alexandre Cribeiro.

Sirva de homenaxe a estes dous demócratas esta pequena contribución da Asociación, xa que grazas a eles temos constanza gráfica.

25º aniversario da traída dos restos de Castelao.

O domingo día 28 cúmprese o 25 aniversario da traída dos restos mortais de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

http://gl.wikipedia.org/wiki/Alfonso_Daniel_Rodr%C3%ADguez_Castelao

É imprescindíbel para comprender o presente ter consciencia do pasado.

Por iso ofrecemos o vídeo da chegada a Santo Domingos de Bonaval do cadaleito do político galego.

Asemade descríbense os acontecementos que rodearon aquel feito, moi afastados do que sería a vontade do propio Castelao.