Vostede está aquí
“Arte da guerra, a guerra na arte. A guerra e o seu relato na arte contemporánea en Galicia”
O mercores 13 de de xaneiro de 2021 as 19:30. no Forum Metropolitano temos unha conferencia Audiovisual de Rosario Sarmiento sobre: ROSARIO SARMIENTO: "Arte da guerra, a guerra na arte. A guerra e o seu relato na arte contemporánea en Galicia" é un proxecto para concienciar a sociedade contra a violencia a traves das obras de arte que tratan esta temática. Partindo dos Desastres da Guerra de Goya, Guernica de Picasso e sobor de todo os galegos Castelao, Colmeiro, Luis Seoane, Arturo Souto, Xaime Quessada, Conde Corbal, Mercedes Ruibal, Anton Patiño, Leiro...
WEB ROSARIO SARMIENTO apoiado pola Deputacion da Coruña.
Aprender arte concienciando contra da guerra.
Dura unha hora na que cunha linguaxe divulgativa para todo tipo de publico, e atraves duha proxeccion de imaxes explicase obras de arte vencelladas a loita contra da guerra e a violencia. Como a capacidade é limitada a 48 persoas, é necesario reservar praza a través deste correo: ozagaiteiraoscastros2@gmail.com
Será de OBRIGADO cumprimento. O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente):
- Lavarse as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.
- O uso da butaca asignada polo persoal de sala, non estando permitido o desprazamento, salvo que o persoal de sala autoríceo
- Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.
- Respectar a sinalización
- Seguir en todo momento as indicacións do persoal do local. RECOMÉNDASE
- Limitar o máximo posible o uso dos aseos
- Actuar con responsabilidade