Vostede está aquí
Marzo 2022
En homenaxe a José Moreno Torres e todos os que loitaron por causa xustas
Mércores 9 de marzo ás 19.30h
Lugar: muelle de Oza
Participan:
Juan Manuel Diaz Villoslada (concelleiro de Urbanismo Concello da Coruña), Olga Mahía, Asociación de Vecinos de Oza Gaiteira Os Castros, Carmen G-Rodeja (Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica ARMH)
A Concellería de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña estase a desenvolver un Proceso de Participación Pública para o posterior desenvolvemento do Programa de Monitorización Enerxética de Edificios Residenciais. Dado que participaches en anteriores procesos de similares características, poñémonos en contacto para informarte sobre este programa por se fose do teu interese.
A Biblioteca Fórum Metropolitano organiza o ciclo de charlas de divulgación científica Para Saber +. Este programa está coordinado xunto á profesora Ana González Tizón e xurde da colaboración da Asociación de veciños de Oza, A Gaiteira e Os Castros e o Grupo de divulgación científica e innovación docente da Universidade da Coruña: UDCiencia I+D.
O vindeiro venres 1 de abril no vestíbulo do Forum Metropolitano, o pintor, xornalista e escritor Jacinto Ruiz inaugura, ás 19.30 horas, a exposición "Intimidade". O evento forma parte das actividades organizadas pola a AAVV Oza, Gaiteira, Os Castros para promocionar a cultura pictórica, musical, a danza, o teatro, a literatura e a divulgacióm científica.