Vostede está aquí

Inauguración da iluminación do Memorial de Oza

Inauguración da iluminación do Memorial de Oza

 

· O Memorial de Oza homenaxea aos loitadores antifacistas que saíron do porto de Oza nos anos da guerra civil para combatir aos militares sublevados.

· O mércores 9 de Marzo no Muelle de Oza terá lugar o acto de inauguración da iluminación do Memorial.

 

Antecedentes

 

Moitas foran as fugas por mar, que dende  portos como o  de Oza  partiron para incorporarse á loita pola República. E, en especial, a aqueles que, como José Moreno Torres e os homes da lancha “La Libertaria“, eran membros do alto mando do Batallón "Galicia" en Asturias e foron asasinados cando retornaban a Galiza en outubro de 1937.

 

O Memorial lémbraos neste ano do 85 aniversario do asasinato de José Moreno e catorce milicianos do Batallón Galicia no alto do Acevo (A Fonsagrada)  e os 15 anos da exhumación dos seus corpos pola Asociación da Recuperación da Memoria Histórica (ARMH).

 

Aqueles combatentes pola libertade xa teñen na Fonsagrada, un memorial onde morreron, e tamén na cidade da Coruña onde boa parte deles naceron.

 

A placa leva a seguinte lenda:
Dende este porto sairon homes arreo para loitar pola libertade e contra a dictadura.     
En homenaxe aos que nunca puideron voltar a casa.                
A José Moreno Torres (A Coruña, 1904-O Acevo, 1937) e os combatentes do Batallón "Galicia"

ARMH

 

Inauguración da iluminación do Memorial de Oza

En homenaxe a José Moreno Torres  e todos os que loitaron por causa xustas

Mércores 9 de marzo ás 19.30h

Lugar: muelle de Oza

Participan:

Juan Manuel Diaz Villoslada (concelleiro de Urbanismo Concello da Coruña), Olga Mahía, Asociación de Vecinos de Oza Gaiteira Os Castros, Carmen G-Rodeja (Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica ARMH)

 

Organizado polo Concello da Coruña e a ARMH coa colaboración da Asociación veciñal  Oza Gaiteria Os Castros