Vostede está aquí

Presentación do Programa de Monitorización Enerxética de Edificios Residenciais e Vivendas

 A Concellería de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña estase a desenvolver un Proceso de Participación Pública para o posterior desenvolvemento do Programa de Monitorización Enerxética de Edificios Residenciais. Dado que participaches en anteriores procesos de similares características, poñémonos en contacto para informarte sobre este programa por se fose do teu interese.

 

Este programa busca impulsar un cambio de modelo enerxético reducindo a demanda do parque residencial e fomentando os procesos de rehabilitación que permitan mellorar a calidade de vida e o confort das persoas residentes. Consiste nun estudo da caracterización enerxética do parque de edificios residenciais e vivendas na cidade que se impulsa no marco da Estratexia Integrada de Desenvolvemento Urbano Sostible (EIDUS) do Concello da Coruña, e finánciase a través do Plan FEDER da Unión Europea.

 

Os posibles beneficiarios deste programa son as Comunidades de Propietarios de edificios residenciais, así como as persoas propietarias e/ou inquilinas das vivendas que compoñen eses inmobles, para o que deberán solicitar a súa participación.

 

Actualmente atopámonos na fase de identificación e incorporación de edificios e vivendas ao Programa, a cal durará ata mediados de maio deste ano.

 

Durante os meses de febreiro e marzo estanse a realizar encontros informativos abertos á cidadanía, en horario de mañá e de tarde, para presentar o proxecto nas seguintes datas e Centros Cívicos, nos que se explican os seus obxectivos e beneficios e o xeito en que a cidadanía poderá participar neles:

 

  • Martes 22 de febreiro, 17:00 - CC Monte Alto. Xa celebrado
  • Xoves 24 de febreiro, 17:00 - CC Os Mallos. Xa celebrado

 

  • Xoves 3 de marzo, 11:00 - CC Artesanos
  • Martes 8 de marzo, 11:00 - CC Elviña
  • Martes 8 de marzo, 17:00 - CC Los Rosales
  • Mércores 9 de marzo, 17:00 - CC Santa Margarita
  • Xoves 10 de marzo, 17:00 - CC Eirís
  • Martes 15 de marzo,19:00 - CC Mesoiro
  • Mércores 16 de marzo, 19:00 - Centro Ágora
  • Xoves 17 de marzo, 19:00 - Fórum Metropolitano

 

Os encontros son de acceso libre, pero para prever o número de asistentes agradeceríamos que te inscribiras previamente a través deste enlace

 

Así mesmo, neste outro enlace podes acceder á páxina web do programa,.

 

Para calquera consulta podedes contactar a través do correo electrónico aforraenerxia@coruna.gal e no número de teléfono 604 047 337 (de luns a venres, de 9 a 18h)

 

É un Proxecto cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Eixo 12 de Desenvolvemento Urbano do Programa Operativo Plurirrexional de España.