Vostede está aquí
Novembro 2021
A parroquia de Santa María de Oza —orixe do barrio dos Castros e Gaiteira— era un espazo eminentemente agrario e pesqueiro ata a súa integración no municipio da Coruña. Esta lonxanía dos centros de decisión política e comercial alonxouno tamén dos focos do rexistro histórico polo que dende a Asociación Veciñal queremos colaborar coa creación dese relato histórico.
Defendendo o noso é un proxecto da Asociación Veciñal Oza, Gaiteira, Os Castros . A súa realización vai ser posible posible grazas á colaboración da veciñanza e o apoio, da Concellería de Participación .
Dentro do proxecto vamos realizar unhas conversas o dia 29 no Forum Metropolitano as 19 horas baixo a denominación Conversas defendendo o noso patrimonio cultural .
A Conversa estará moderada polo membro da AA. VV. e xornalista Pepe Lorenzo.
Ponentes : Anton Luaces , Xosé Alfeirán e Xulio Ferreiro
Debido a que este evento contará cunha capacidade limitada polo que precisamos que te inscribas: ozagaiteiraoscastros2@gmail.com
Asociación de Veciños Oza, A Gaiteira e Os Castros. Organiza o próximo xoves 2 de Decembro ás 18:00h. Temos na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano o obradoiro. O barrio e as especies invasoras, impartido por Manu Sáncheze Jose Angel Paz.
Neste obradoiro dirixido a nenos e nenas de 8 a 12 anos, percorreremos a historia da formación do barrio e os seus cambios, atendendo á natureza e ás especies de plantas e bechos que invaden o noso entorno.
Require inscrición
Inscricións: na paxina web da Biblioteca do Forum Metropolitano
- bforum@coruna.gal
- Tel.: 981 184 298
- Dende o 25/11/2021 ata o 02/12/2021
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros desexalles un bo Nadal e un Feliz Ano 2022
- ‹
- 2 of 2