Vostede está aquí

Maio 2021

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros queremos manifestar a nosa solidariedade con CS Gomes Gaioso perante a suspensión da sua actividade por parte do Concello da Coruña Unha  decisión arbitraria e fora de lugar contra o asociacianismo coruñes

A plataforma Queremos Galego! fai un chamamento a realizar un gran acto nacional o vindeiro 17 de maio baixo o lema “Queremos vivir en galego” na praza do Obradoiro de Compostela. Debido ás restricións sanitarias, este evento contará cunha capacidade limitada polo que precisamos que te inscribas.

O Noso Barrio Conta; é o lema baixo o que se celebrará este acto organizado pola Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros no formato de mesa redonda para debater sobre a oportunidade histórica que supón para a cidade a próxima transformación dos terreos portuarios que se liberarán co traslado das instalacións industriais dos muelles ao porto exterior
O obxectivo é procurar que os grupos políticos visiten o barrio e expoñan os seus plans sobre o borde do litoral, desde logo un asunto de moito interese para a veciñanza.

 

O acto se celebrará no Auditorio do Forum Metropolitano o 25 de maio ás 19.30h
 

O moderador será o membro da directiva da Asociación  : O Periodista Pepe Lorenzo

Debido ás restricións sanitarias, este evento contará cunha capacidade limitada polo que precisamos que te inscribas : ozagaiteiraoscastros2@gmail.com

 #ACoruñaNonSeVende

Máis de medio centenar de entidades e organizacións,  A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros entre elas, ten convocada unha manifestación para este domingo 30 de maio ás 12.00h dende a Praza da Palloza.

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental 2050

2050

  • Produce: Ruth Chao, Javier Silva.
  • Ano: 2006
  • Duración: 52 minutos.
  • Sinopse: Documental que aborda un dos maiores problemas que está a afrontar a humanidade: o cambio climático. Nel danse cita as máximas autoridades mundiais recoñecidas por Nacións Unidas en materia de cambio climático, que foron entrevistadas no Cumio Mundial sobre Cambio Climático que Nacións Unidas celebrou en Montreal no 2006.
  • No Forum Metropolitano, o día 1 de xuño  de 2021 ás 19:30.

Sacar a entrada de balde no enlace: https://corunacultura.sacatuentrada.es/