Vostede está aquí

Debate sobre a Fachada Maritima

Como será a imaxe da nova Fachada Maritima logoda liberación dos espazos portuarios?;

O Noso Barrio Conta; é o lema baixo o que se celebrará este acto organizado pola Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros no formato de mesa redonda para debater sobre a oportunidade histórica que supón para a cidade a próxima transformación dos terreos portuarios que se liberarán co traslado das instalacións industriais dos muelles ao porto exterior
O obxectivo é procurar que os grupos políticos visiten o barrio e expoñan os seus plans sobre o borde do litoral, desde logo un asunto de moito interese para a veciñanza.

 

O acto se celebrará no Auditorio do Forum Metropolitano o 25 de maio ás 19.30h
 

O moderador será o membro da directiva da Asociación  : O xornalista Pepe Lorenzo

Debido ás restricións sanitarias, este evento contará cunha capacidade limitada polo que precisamos que te inscribas : ozagaiteiraoscastros2@gmail.com

E seguir a normativa sanitaria que establece os seguintes parámetros entre outros:

  •  O úso de máscara homologada
  • Manter a hixiene e limpeza lavando as mans e en todo caso, utilización do xel
  • hidroalcohólico que haberá á entrada e á saída da sala.
  •  O úso da butaca asignada, e respectando sempre as indicacións do persoal
  • traballador da sala.
  •  Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar
  • aglomeracións.
  •  Respectar a sinalización
  •  Recoméndase limitar no pisibel a utilización dos aseos
  • Compre que actuemos todas e todos con responsabilidade.