Vostede está aquí
Abril 2021
A asociación veciñal estamos a recibir queixas sobre o servizo de duchas na praia de Oza ,un servizo moi demandado polos usuarios da "Praia de Oza" e que hai un ano que nos retirou o concello como é o "Servizo de duchas", moi útil para moitos deportitas, novos e maiores, que adoitan utilizar esa praia todo o ano para practicar deporte ao aire libre, máis agora co Covid, mentres o resto de praias da cidade se gozaron dese servizo todo o ano.
O concello a pedimento da Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros instalo unhas varandas nas rúas José Luis Cereijo e rúa Cruce para facilitar a mobilidade. Pequenas obras que facilitan a mobilidade. Rúa Jose Luís Cereijo e rúa Cruce
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar a película de animación en stop-motion 3D: O Apostolo. No Forum Metropolitano, o día 12 de abri de 2021 ás 19:30. Sacar a entrada de balde no enlace: Sacar entrada
A asociación veciñal Oza Gaiteira Vos Castros vai o documental: Mar de Oza: Maxinando ou futuro.
Ante a "oportunidade histórica que supón para a cidade a próxima transformación dos terreos portuarios" que se liberarán co traslado de instalacións ao porto exterior.
A obra, dirixida por María Álvarez pretende espertar a conciencia da sociedade coruñesa para poder levar a cabo "un proceso transformador e de mellora".
No Forum Metropolitano, o día 3 de maio de 2021 ás 19:30.
Sacar a entrada de balde a partir do dia 30 dea Abril as 10 horas no enlace :https://corunacultura.sacatuentrada.es/