Vostede está aquí
Marzo 2021
Dende nos informan que a Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña da apertura dunha nova edición do curso básico "Igualdade e prevención das violencias machistas" do Pacto Social.
Asociación veciñal apoia as mobilizacións e actos que vaian ter lugar o vindeiro domingo 8 de marzo - Día Internacional da Muller -. Para reivindicar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, corrixindo as desigualdades existentes e rexeitando calquera discurso contrario a este compromiso que poida supoñer unha volta atrás en materia de dereitos. A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros.
A Asociación veciñal estamos a recibir queixas dos veciñ@s dos Castros sobre todo na zona de Miradoiro dos Castros pola baixa presión de auga que chega aos domicilios e que impide poder ducharse e a pode provocar a avaría dos electrodomésticos. Un problema que persiste desde hai semanas e que afecta principalmente os pisos máis altos, onde as dificultades para que chegue a auga son maiores.
Os veciños do barrio denunciaron a falta de limpeza, de mantemento e maleza, señais de trafico no chan na Rua Vaamonde Lores. A Asociación xa presentou unha reclamación no concello
Os veciños do barrio denunciaron que o Parque Europa está cada vez máis deteriorado, os nenos xóganse o tipo cada vez que van en bicicleta ou en patíns. Óxido, fochancas, pedras.
A Asociación xa presento unha reclamacion polo rexistro do concello
- 1 of 2
- ›