Vostede está aquí
Asociación veciñal apoia as mobilizacións e actos que vaian ter lugar o 8 de marzo
05/03/2021 - 14:25
Asociación veciñal apoia as mobilizacións e actos que vaian ter lugar o vindeiro domingo 8 de marzo - Día Internacional da Muller -. Para reivindicar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, corrixindo as desigualdades existentes e rexeitando calquera discurso contrario a este compromiso que poida supoñer unha volta atrás en materia de dereitos. A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros. Fai un chamamento a participar para facer posible a eliminación do patriarcado, un conglomerado de crenzas, abusos, discursos, actitudes e roles que están implantados na nosa sociedade e que impiden acadar esta verdadeira igualdade.