Vostede está aquí

Novembro 2019

A Asociación de veciños Oza-Gaitera-Os Castros celebrou o día 9 de novembro de 2019 unha asemblea onde se decidiu a renovación da súa equipa directiva da que saíron elixidos e elixidas as seguintes persoas:

 

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros e  a Asociación cultural Alexandre Bóveda vai proxectar o documentário:  Castelao. De chumbo a verba

No Forum Metropolitano o dia 2 de decembro  as 19:30.

Entrada de balde * ATA COMPLETAR O AFORO.

Teaser - Castelao De chumbo a verba

Dende a Asociación veciñal queremos facer un chamamento este 25N de 2019 a veciñanza  e á cidadanía en xeral, para que se sumen á denuncia e repulsa da violencia machista nas súas múltiples expresións.

 

MOBILIZACIÓNS 25N
Animamos a veciñanza a participar nas convocatorias unitarias do movemento feminista galego.

Dende a Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros estamos a recibir queixas da veciñanza  do auga que chega polas tuberías sae turbia , o que imposibilita o seu uso para os labores domésticos e está ensuciando as conexións de auga potable.

Polo que solicitamos a EMALCSA unha pronta solución ao problema.