Vostede está aquí

Castelao. De chumbo a verba

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros e  a Asociación cultural Alexandre Bóveda vai proxectar o documentário:  Castelao. De chumbo a verba

No Forum Metropolitano o dia 2 de decembro  as 19:30.

Entrada de balde * ATA COMPLETAR O AFORO.

Teaser - Castelao De chumbo a verba

 

Director: Miguel López

Año: 2017

Actores Principales :

Miguel Pernas, Iago Novoa, Uxía Blanco, Yolanda Vázquez, Silvia Romaus.

Banda Sonora:

Maria do Ceo

Guión:

Miguel López

Productora:

Abella Creativa.

 

Sinopsis:

Nun colexio de Pontevedra celébrase o día dás artes Galegas dedicado a Castelao. A mestra (Uxia Branco) encarga un traballo que teñen que realizar os alumnos durante o fin de semana. Xavi (Iago Novoa), un neno intelixente e un pouco vago recibe unha reprimenda da súa mestra porque toda a semana dedicárona a dar información sobre Castelao e non sabe contestar ás preguntas da profesora. A partir de aí, o neno articula un mundo entre a fantasía e a realidade que se inicia cando a estatua de Castelao do grupo escultórico da Praza de San Xosé cobra vida (Miguel Pernas) e percorre co neno os lugares máis significativos da Pontevedra na que viviu o insigne galleguista durante 20 anos. Documental ficcionado no que se mestura a época actual, imaxes de arquivo de Castelao ou flashbacks que nos achegan a dúas fructíferas décadas -de 1916 a 1936- da vida do artista e escritor de Rianxo, axudando a entender o seu pensamento, e a súa vida persoal, cultural e política.