Vostede está aquí
Xaneiro 2017
O 16 de xaneiro as 19 .30 na Biblioteca do Forum Metropolitano teremos o pracer de convidados a presentación dun libro, OLLARES de Ricardo Seixo Fernández, que entende a escrita como un compromiso vital coa realidade na que vive e co País ao que pertence.
Ante un novo novo proceso desamortizador, desenvolveron unha febril actividade dende as Institucións (Concellos e Administración Central e Autonómica) co obxectivo dá privatización de decenas de hectáreas de titularidade pública desde a súa orixe e que estaban emprazados en ámbitos de gran centralidade dá aglomeración urbana.
As Sinaturas en papel poden ser depositadas no Centro Cívico da Cidade Vella, Rúa de Veeduría, 2, 15001 A Coruña, ou ben escaneadas e enviadas á conta de correo electrónico: comisiondefensadocomun@gmail.com
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros adoptou a desición de a apoiar as mobilizacións e iniciativas que convoque a Comisión Aberta en Defensa do Común.
Desde Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros a apoiamos a iniciativa da COMISIÓN ABERTA EN DEFENSA DO COMÚN e chamamos á mobilización da veciñanza da Coruña e a súa contorna para evitar un novo episodio no espolio da cidade da Coruña, nesta ocasión coa poxa dos solares ocupados actualmente pola Solana e o Hotel Finisterre.