Vostede está aquí
Xuño 2015
Hai máis dun ano, na Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros tomamos a decisión de darnos de baixa da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e área metropolitana, decisión que se tomou ante a evidencia de que o modelo de funcionamento non estaba a ser útil para a veciñanza e non había vontade dentro da propia Federación para asumir cambios imprescindibles que puxesen a organización ao servizo dos veciños e veciñas.
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai a realizar unha exposición de artesanía de coiro, dentro da campaña "Promoción do Coiro no Barrio ".
A Exposición farase a cargo do grupo de coiro da Asociación é sera de 8 de xuño ao 15 de Xuño de 2015.
Como temos feito en anos anteriores, no verán, poñemos a andar a unha de actividade dirixidas aos rapaz e papazas do barrio. A actividade que levamos este verán consistira en xogos e obradoiros.
Deste xeito, entre este mes de xullo faremos dita actividade co horario de 10 a 12 da maña de luns a venres
Se comenzara dita actividade cando se cree grupo.
Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros vimos de presentaron mes pasado denuncia no SEPRONA, informando da mesma ao seguinte organismo: Axencia Europea de Medio Ambiente; para que se comproben as posibles infraccións e irregularidades dos desguaces que se están a facer no porto de Oza.
O 20 de xuño as 19:00 a Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros organiza no Parque de Oza:
IV ENCONTRO MÚSICAL OZA 2015.
No que participaran:
- Escola de Gaitas
- Acordeón
- Violín
- Tamboril
- Guitarra
- Pandeireta
- Grupo Xebre
- 1 of 2
- ›