Vostede está aquí

Campañas e apoios

Agruparanse todalas campañas ou apoios que se fagan dentro do barrio coma pode ser: O pequeno comercio, Merca no Barrio e etc...

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros e  a Asociación cultural Alexandre Bóveda vai proxectar o documentário:  Castelao. De chumbo a verba

No Forum Metropolitano o dia 2 de decembro  as 19:30.

Entrada de balde * ATA COMPLETAR O AFORO.

Teaser - Castelao De chumbo a verba

O vindeiro luns 14 de outubro achegarémonos ás fontes documentais

O vindeiro luns 14 de outubro achegarémonos ás fontes documentais, de cómo se utilizan na investigación das desaparicións forzadas para tratar de reconstruir e recuperar as historias dunhas vidas truncadas pola guerra civil e a represión franquista.

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documentário:  "Outra Coruña Posible: Domingos Merino "

Un documental producido por Paula Quiroga e Lois Alcayde 

4 de novembro de 2019 as 19:30 no Forum Metropolitano

Entrada de balde ata completar o aforo

O vindeiro luns 7 de outubro achegarémonos ás testemuñas, ás fontes orais que se utilizan na investigación das desaparicións forzadas para tratar de reconstruir e recuperar as historias dunhas vidas truncadas pola guerra civil e a represión franquista.

 

Ante a emerxencia climática faise necesario mostrar o compromiso dunha cidadanía preocupada polas consecuencias dun sistema que favorece ás empresas máis contaminantes mentres condena o futuro da humanidade.

Esta colección de fotografías de Eloy Alonso foi realizada pola ARMH. Desde as súas orixes, o traballo da Asociación consistiu na procura, investigación e  exhumación de persoas desaparecidas como consecuencia da represión franquista.

Desde a Asociación veciñal condenamos enerxicamente os asasinatos machistas de Valga. Os crimes machistas sempre son terriblemente dolorosos .

A Fundación Manuel María de Estudos Galegos convídanos  á XI Lúas de Outono, homenaxe anual a Manuel María,  que terá lugar o 25 de setembro, ás 20.30 h., no Teatro Rosalía Castro.

Na Asociación veciñal imos ter un curso de Coiro. O curso será os luns  de 20:00 a 21:30. Dito curso comenzará no cando se cree grupo. Impartiranse no local da Asociación .

Apuntate xa as prazas son limitadas.

Na Asociación veciñal  vamos a ter un curso de Percusión  e Pandeireta as clases seran :

Percusión :

Iniciación - Martes 20:00 H  a 21 H

Perfecc. -  Martes 19: 00 H a 20 :00 H

Pandeireta

Iniciación - Sábado 11:30  H a 12 : 30 H

Perfecc.-   Sábado  12 :30 H a 13:30 H

Comenzo en outubro

Infórmate : 699 78 62 90

Páxinas