Vostede está aquí

O documental 12 leiras estrease no Bairro

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documentário: 12 leiras
 
No Forum Metropolitano o dia 13 de xaneiro as 19:30.
 
Entrada de balde * ATA COMPLETAR O AFORO.
 
Proxecto audiovisual de Xabier Maceiras e Xosé Bocixa
 
 

As casas de pedra abrigaban ás familias cuxa vida xiraba arredor da lareira, as cortes, os alpendres, os hórreos ou os muíños que quedarían asoligados nas augas do encoro do Rexedoiro. A comarca, unha chaira con boas terras de cultivo, sustentaba unha economía labrega na que o gando e a terra tiñan unha importancia vital. Os terreos que hoxe ocupa o Polígono Industrial de Sabón pertencían, ata 1965, ao rural galego.

Moitas das súas descentes deixan o seu testemuño neste proxecto audiovisual de Xabier Maceiras e Xosé Bocixa que conta coa participación de Nós Televisión na produción e tamén na emisión do filme.