Agruparanse todalas campañas ou apoios que se fagan dentro do barrio coma pode ser: O pequeno comercio, Merca no Barrio e etc...
Vostede está aquí
Campañas e apoios
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental: QUEIMAR O MONTE
No Forum Metropolitano o día 14 de decembro as 19 : 30.
Ca nova normativa do DOG , o aforo das salas de cine pasou de 30 butacas en cada sala a 13 na sala Marilyn e 11 na Fernando Rey: 24 en total.
Polo que as entradas para o documnetal do dia 14 Estan agotadas
O día 9 de decembro, ás 20 h, celebrarase, na Asociación de Veciños Oza,
Gaiteira e os Castros , rúa da Merced , 56 baixo a presentación de "Pangalaica. Recortes
poderosos", de Xurxo Souto.
Presentará o acto Luis Dopico e Eduardo Freire
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros por unha falta de espacio e unha evidente necesidade de prevención e garantia de saúde publica este ano non se recolleran xoguetes desviando a recollida de xoguetes que realiza o concello da Coruña, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), que pon en marcha A Casa dos Xoguetes; unha iniciativa para fomentar o consumo responsable de xoguetes, a solidariedade e economía circular, na que un servizo municipal de recollida almacenará, para a súa posterior entrega, as doazóns desinteresadas de xoguetes destinados a nenas/os de ata catorce anos.
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental: QUEIMAR O MONTE
No Forum Metropolitano o día 14 de decembro as 19 : 30.
Este sábado 31 de outubro terá lugar a II Marcha Cívica pola devolución da casa de Cornide.
A cita é ás 12:30 na praza de María Pita, a Asociación veciñal fai parte da convocatoria e anima a, cumprindo coas medidas de seguridade sanitaria vinculadas á covid19, secundar a convocatoria.
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental: Pucho Boedo, un crooner na fin do mundo.
O documental reconstrúe a vida e obra do cantante Pucho Boedo
Estara o director : Xurxo Souto
No Forum Metropolitano o día 2 de novembro as 19 : 30.
Desde as Bibliotecas Municipais da Coruña nos informan da programación de cursos centrados en potenciar as ferramentas de comunicación especialmente importantes no contexto actual de restriccións e que vimos impartindo de forma completamente gratuíta nas Bibliotecas Municipais da Coruña. Son cursos maioritariamente dirixidos a persoas sen ningún coñecemento de Informática ou Internet e cobren un amplo abanico de contidos tratados con rigor e profundidade.
Estas acción formativas desenvolvense seguindo as indicacións das autoridades sanitarias: distancia mínima interpersoal, uso de xeles e mascaras facial
Na Asociación veciñal vamos a ter un curso de Pandeiro e Pandeireta
TÉCNICA E REPERTORIO TRADICIONAL
Como temos feito en anos anteriores, unha vez pasado o verán, estamos intentando poñer a andar toda unha serie de actividades dirixidas aos veciños e veciñas do barrio.