Vostede está aquí

Setembro 2018

O noso barrio conta cunha morea de escaleiras e de costas empinadas, e cunha poboación moi envellecida e con problemas de mobilidade, con dificultades para chegar ao centro de saúde

O noso barrio conta cunha morea de escaleiras e de costas empinadas, e cunha poboación moi envellecida e con problemas de mobilidade, con dificultades para chegar ao centro de saúde, á oficina de correos, ao centro cívico ou mesmo para facer a compra diaria.

Na Asociación veciñal imos ter un curso de Coiro. O curso será os luns de 20:00 a 21:30. Dito curso comenzará cando se cree grupo. Impartiranse no local da Asociación.

Apuntate xa as prazas son limitadas.

Infórmate no Email: angie.artesania2012@gmail.com

Como temos feito en anos anteriores, unha vez pasado o verán, poñemos a andar toda unha serie de actividades dirixidas aos veciños e veciñas do barrio.

Mantemos actividades que levamos desenvolvendo xa bastantes anos e comezamos algunhas novas esperando que teñan boa aceptación entre a veciñanza.

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros e Oxfam Intermón vai proxectar o documentário: Gracias por la lluvia. No Forum Metropolitano o día 1 de outubro  as 19:30. Entrada de balde ATA COMPLETAR O AFORO. Pelicula en VO. subtitulada

SINOPSE:

MAR DE OZA é un proxecto participativo organizado pola Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros, que busca abrir un debate ao redor do futuro do litoral do barrio

MAR DE OZA é un proxecto participativo organizado pola Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros, que busca abrir un debate ao redor do futuro do litoral do barrio. Nunha primeira etapa desenvolveranse 2 actividades abertas ao público: un debate e un roteiro pola costa.