Vostede está aquí

Demandas

Agruparanse todalas demandas que a Asociación ten en curso ou que vai poñer en coñecemento das autoridades pertinentes.

Asociación veciñal apoia as mobilizacións e actos que vaian ter lugar o 8 de marzo: Día Internacional da Muller

Asociación veciñal apoia as mobilizacións e actos que vaian ter lugar o  8 de marzo Día Internacional da Muller. Para reivindicar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, corrixindo as desigualdades existentes e rexeitando calquera discurso contrario a este compromiso que poida supoñer unha volta atrás en materia de dereitos.

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Catros rexistrou nos últimos días un recurso de alzada en contra da autorización da Consellería de Medio Ambiente da Xunta

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Catros rexistrou nos últimos días un recurso de alzada en contra da autorización da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia para a empresa Limpoil, que xestiona no peirao de Oza unha planta de tratamento de residuos dos barcos,.

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros  vemos con moita preocupación como se pretende instalar unha planta de tratamento de residuos de buques no peirao de Oza, calquera pode entender que a ubicación dunha industria dese tipo debe ser estudada a conciencia e que un entorno tan fráxil como a contorna de Oza non é o máis apropiado.

 A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros reiteramos o noso compromiso coa erradicación de calquera forma de violencia contra as mulleres e facemos un chamamento á cidadanía para combatelas ata a súa erradicación, tanto no noso barrio  como no conxunto da sociedade. Chamamos a combatela atallándoa desde as súas causas, e a aumentar todos os recursos de prevención para que no suceda.

Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros queremos facer unha proposta sobre a Medusa sita  no Muelle do Centenario:

MEDUSA

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros  apoia sanidade pública de Galicia. "Prestamos o apoio a  manifestación convocada para o diá 20 con saida ás 19h do Centro de Saúde da Casa do Mar  que se pretenden mellorar sanidade pública de Galicia".

A Asociación Veciñal vén de iniciar unha colaboración coa Fundación Salma Galicia para a recollida de sinaturas de apoio

A Asociación Veciñal vén de iniciar unha colaboración coa Fundación Salma Galicia para a recollida de sinaturas de apoio, no noso barrio, a unha Iniciativa Lexislativa Popular por unha Lei Galega da Saúde Mental.

Ante o incremento de agresións violentas organizadas cara a persoas LGTBI, a AAVV Oza, Gaiteira Os Castros quere manifestar o seu compromiso na loita contra a discriminación por motivou de orientación sexual e de identidade de xénero.

A Asociación veciñal ante as información que sae na prensa de xuntanzas interadministrativas sobre o futuro do terreos do porto interior obervamos  que  A Coruña vai  hipotecar parte da cidade para asumir o custo do porto exterior.

 

Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros,  Temos  denunciar diversas deficiencias que nos ten transmitido a veciñanza, nesta  ocasión estamos a falar de zona das Xubias :

Limpeza e saneamento: Colocación  de máis  contedores de lixo, papel e vidro para poder separar os residuos; instalar máis papeleiras e limpar a maleza para previr focos de infección e posibles lumes co risco que pode supoñer para as vivendas.

Páxinas