Vostede está aquí

Obradoiro de Escritura Creativa

Escribir é unha técnica ao alcance de todas, mais sobre todo daquelas persoas que desfrutan lendo obras literarias

Escribir é unha técnica ao alcance de todas, mais sobre todo daquelas persoas que desfrutan lendo obras literarias. Só é necesariovontade, papel e lapis;o resto é escoitar o que levamos dentro.
Neste curso de escritura creativa calquera persoa poderá iniciar o seu proxecto literario, ou simplemente practicar técnicas até sentir que amusa desexa falarlle ao ouvido.
Poderá comezar a escribir as súas memorias, as anécdotas da familia, os contos que oíu sempre, un libro
de poemas, un diario ficcional, un ensai sobre a súa experiencia profesional… Os límites non existen cando temos
vontade e dedicamos os medios necesarios.

Lugar: Local da Asociación de Veciños
Día: Xoves
Horario: 20:30 a 22:00
Aportación: 25 €
Grupo mínimo: 8 persoas

Información: 609 653 176

IMPORTANTE: COMEZARÁ CANDO SE FAGA GRUPO.

Impartido polo profesor: Alfredo Ferreiro Salgueiro (A Coruña, 1969)

  • Autor en lingua galega de varios libros de poesía individuais e colectivos.
  • Crítico literario.
  • Licenciado Graduado en Filoloxía Hispánica (sub. Español) pola Universidade da Coruña.
  • Cursos de Doutoramento e Tese de licenciatura (UDC).
  • Colaborador en revistas literarias galegas e portuguesas en poesía, ensaio e relato curto.
  • Colaborador en medios de comunicación galegos.
  • Membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
  • Consultor tecnocultural nas áreas da edición e do libro dixital.