CASTELO DE EIRÍS

Coñecida popularmente como Castelo de Eirís ou de Valparaíso, esta construcción nunca foi un castelo, se non unha casa fortificada. A confusión débese a que en 1949 as súas ruinas foron catalogadas como Castelo de Valparaíso, a pesares de que esa fortaleza fora en realidade unha ampliación inacabada do Castelo de San Diego. Esta aclaración é recente e os veciños seguen referíndose a el como Castelo de Belavista, de Eirís ou de Valparaíso. Ademais de ter diferentes nomes, o lugar tamén é fonte de lendas, como a que asegura que existía un túnel que o conectaba co Faro de Oza.

Fotografía proporcionada por Bardos Cultural

Esta casa é unha das construccións máis antigas da Coruña da que se conservan restos, xa que está documentada dende o séxulo XV. A súa creación relaciónase coa instalación dun maiorazgo e a súa proximidade ós camiños de acceso á cidade. Os restos que se conservan correspóndense á súa reconstrucción no século XIX, despois do paso dos franceses.

As ruinas foron excavadas en tres ocasións dende o 2012 se ben os blasóns que aparecen nesta fotografía antiga xa non estaban alí. A pesares das expectativas creadas, durante estas excavacións non apareceron restos romanos. Actualmente o conxunto forma parte do Parque de Eirís e pode visitarse mentras o seu papel na historia da Coruña segue a ser motivo de investigación.

CRONOLOXÍA
· 1809 A casa é queimada polos franceses no contexto da Guerra da Independencia
· 1949 Os restos son catalogados como Castelo de Valparaíso
· 2012 Créase o Parque de Eirís e excávase o castelo por vez primeira
· 2015 Última campaña de excavación, as ruinas intégranse no parque

LOCALIZACIÓN
Como chegar