ORIXE DO PROXECTO

A parroquia de Santa María de Oza —orixe do barrio dos Castros e Gaiteira— era un espazo eminentemente agrario e pesqueiro ata a súa integración no municipio da Coruña. Esta lonxanía dos centros de decisión política e comercial alonxouno tamén dos focos do rexistro histórico polo que dende a Asociación Veciñal queremos colaborar coa creación dese relato histórico.

Pantasmas de Oza é un proxecto de cultura de base da Asociación Veciñal Oza, Gaiteira, Os Castros que tivo o seu xerme nun mapa interactivo creado no IES Monte das Moas e máis nunha idea desenvolta no Popathon de Coruña Dixital. A súa realización foi posible grazas á colaboración de decenas de veciños e o apoio, primeiro, da Concellería de Participación para organizar un obradoiro de memoria, e despois, da Concellería de Cultura da Coruña e o IMCE, que o incluiron dentro do programa Cultura de Barrio.